| |
-
Base legal: Decisión nº 624/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de maio de 2007 pola que se establece un programa de acción para a aduana na Comunidade (Aduana 2013) DOUE
L 154/25 de 14.06.2007
-
Período
de vixencia: 01.01.2008 - 31.12.2013
-
Descrición: O Programa Aduana 2013 establécese co fin de apoiar e completar as accións emprendidas polos Estados membros para garantir o funcionamento efectivo do mercado interior no ámbito aduaneiro. O seu obxectivo é axudar ás administracións aduaneiras dos países participantes a favorecer os intercambios lexítimos, así como a simplificar e acelerar os procedementos aduaneiros. Así mesmo, proporciona unha base xurídica e financeira para reforzar a protección e a seguridade na Comunidade e na fronteira exterior; fortalecer a loita contra a fraude e protexer os intereses financeiros e económicos da Comunidade e os Estados membros; e aumentar a competitividade das empresas europeas acelerando os procedementos aduaneiros en parte a través da creación dun medio europeo electrónico en materia de aduanas.
-
Obxectivos
xerais: O Programa elaborarase de xeito que se cumpran os seguintes obxectivos xerais:
a) garantir que as actividades aduaneiras satisfán as necesidades do mercado interior, incluída a seguridade da cadea de subministracións e a facilitación dos intercambios, así como o apoio á estratexia en favor do crecemento e o emprego;
b) lograr que as administracións aduaneiras dos Estados membros interactuen e desempeñen as súas funcións con tanta eficacia coma se fosen unha única administración, garantindo que haxa inspeccións cun nivel de resultados equivalentes en todo o territorio aduaneiro da Comunidade e o apoio da actividade empresarial lexítima;
c) ofrecer a protección necesaria dos intereses financeiros da Comunidade;
d) aumentar a protección e a seguridade;
e) preparar para a adhesión aos países mencionados no artigo 3, apartado 2 ( Decisión
nº 624/2007/CE), a través, entre outros medios, da posta en común de experiencia e coñecementos coas administracións aduaneiras dos devanditos países.
-
Ámbitos de actuación: O Programa estará formado polas seguintes actividades:
a) sistemas de comunicación e intercambio de información;
b) análises comparativas;
c) seminarios e talleres;
d) grupos de proxecto e grupos directores;
e) visitas de traballo;
f) actividades de formación;
g) accións de seguimento;
h) calquera outras accións necesarias para acadar os obxectivos do Programa.
|