Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
CONVOCATORIA DE PROPOSTAS — EACEA/29/11 MEDIA 2007: Festivais Audiovisuais

  • Descrición: O presente anuncio de convocatoria de propostas baséase na Decisión nº1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de novembro de 2006, relativa á aplicación dun programa de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).
  • Obxectivos:
    Entre os obxectivos da citada Decisión do Consello atópanse os seguintes:
    Facilitar e fomentar a promoción e a circulación das obras audiovisuais e cinematográficas europeas en actos comerciais, en mercados profesionais e en festivais audiovisuais dentro e fóra de Europa, dado que os devanditos actos poden desempeñar un papel importante para a promoción das obras europeas e a interconexión dos profesionais,
  • Mellorar o acceso do público europeo e internacional ás obras audiovisuais europeas.
  • Solicitantes: O presente anuncio está destinado aos organismos europeos establecidos nun dos Estados membros da Unión Europea, nun dos países do Espazo Económico Europeo que participan no programa MEDIA 2007 (Islandia, Liechtenstein, Noruega), así como Suíza e Croacia.

    Os devanditos organismos europeos deben pór en marcha festivais audiovisuais cuxas actividades contribúan á realización dos obxectivos mencionados anteriormente e en cuxa programación total se exhiba, como mínimo, un 70 % de obras europeas procedentes de polo menos dez dos países que participan no programa MEDIA.
  • Financiamento: O orzamento total estimado destinado ao cofinanciamento de proxectos ascende a 1 600 000 EUR (a reserva da adopción do orzamento do ano 2012).
    A axuda financeira da Comisión non poderá ser superior ao 50 % do total dos custos admisibles. O importe máximo de subvención será de 75 000 EUR. A Axencia resérvase a posibilidade de non asignar todos os fondos dispoñibles.
  • Prazo:
  • o 31 de outubro de 2011 para os proxectos iniciados entre o 1 de maio de 2012 e o 31 de outubro de 2012,
    o 30 de abril de 2012 para os proxectos iniciados entre o 1 de novembro de 2012 e o 30 de abril de 2013.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
    Unit MEDIA Programme — P8
    Call for proposals EACEA/29/11 — Festivals
    Mr Constantin DASKALAKIS
    BOUR 04/61
    Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
    1140 Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIË


    Non se aceptarán as solicitudes presentadas por fax ou correo electrónico.

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electróncio a EACEA-P8@ec.europa.eu
  • Punto de información nacional : www.mediaeusk.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 274/06 do 19.09.2011
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Media 2007