Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria: «Axuda para medidas de información no ámbito da política agrícola común» Execución de medidas de información da liña orzamentaria 05 08 06 para 2011


  • Obxectivo: As medidas de información que se propoñan deberán contribuír a explicar e facer entender mellor as propostas da Comisión relacionadas coa reforma da PAC que se presentarán ao Consello e ao Parlamento Europeo en 2011. A presente convocatoria de propostas refírese a medidas de información que se executarán (incluíndo preparación, execución, seguimento e avaliación) entre o 1 de maio de 2011 e o 30 de abril de 2012.

  • Prioridades:
    - No ámbito da presente convocatoria de propostas, a Comisión desexa dar prioridade a:
    • Explicar, debater co público en xeral e, especialmente, co público novo urbano, e valorar a función e a utilidade dunha política forte, sustentable e equilibrada, definida e dirixida na Unión Europea (a PAC).
    • Examinar e debater cos interesados do sector agrario, do resto da cadea de subministración alimentaria e das zonas rurais as novas orientacións da política agrícola común (PAC) e en especial as axudas directas, os mercados e a política de desenvolvemento rural.
    • Debater a política da UE en materia de calidade dos produtos agrícolas.

  • Accións subvencionables:
    • Na presente convocatoria de propostas, a Comisión desexa recibir solicitudes para os seguintes tipos de medidas de información:
      • campañas informativas que inclúan varios tipos de medidas informativas como as mencionadas a seguir.
      • produción de ferramentas visuais, sonoras e audiovisuais (como programas e emisións radiofónicas e/ou televisuais, documentais, debates, etc.).
      • produción e distribución de material multimedia e/ou audiovisual (clips, DVD, novos medios de comunicación, redes sociais, etc.).
      • actividades dirixidas aos colexios e universidades.
      • actividades nos medios de comunicación.
      • conferencias, seminarios e talleres de traballo especializados dirixidos aos interesados e aos xornalistas.
      • visitas de intercambio de información, en especial entre os antigos Estados membros e os novos.

  • Solicitantes:Os solicitantes desta convocatoria de propostas deberán ser persoas xurídicas establecidas legalmente nun Estado membro durante dous anos como mínimo, en particular:
    • organizacións de agricultores ou de desenvolvemento rural.
    • asociacións de consumidores.
    • asociacións de protección do medio natural.
    • organizacións non gobernamentais.
    • poderes públicos dos Estados membros.
    • medios de comunicación.
    • centros escolares e universitarios.

  • Orzamento: O orzamento total dispoñible para as medidas de información que deben realizarse conforme a presente convocatoria de propostas ascende a 3.250.000 €.
    O importe da subvención solicitada da Comisión deberá estar comprendido entre 20.000 e 300.000 € por solicitude.
    A contribución da Comisión ás solicitudes seleccionadas está limitada ao 50% dos custos totais subvencionables.

  • Prazo: 5 de novembro de 2010.

  • Lugar de presentación de solicitudes: A solicitude presentarase utilizando os formularios pertinentes dispoñibles en http://ec.europa.eu/ comm/agriculture/grants/capinfo/index_en.htm
    Os candidatos enviarán un exemplar en papel da súa solicitude completa por correo certificado con xustificación de recepción e con determinados requisitos para cumprir, ao seguinte enderezo:

    Comisión Europea
    Unidad AGRI. K.1.
    Convocatoria de propostas 2010/C 231/05
    A la atención del Sr. H.-E. Barth
    L130 4/148A
    1049 Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIËES


    Ao mesmo tempo, os candidatos tamén deberán enviar unha copia electrónica da súa solicitude (utilice a opción «xustificación de recepción»), que inclúa como mínimo a versión electrónica do escrito de solicitude, os formularios 1-3 e o orzamento, idénticos aos enviados por correo, ao seguinte enderezo de correo electrónico:

    AGRI-GRANTS-APPLICATIONS-ONLY@ec.europa.eu


  • Centro de información comunitario:

    Comisión Europea
    DX Agricultura e Desenvolvemento Rural

    130, Rue de la Loi B - 1049 Bruxelas Bélxica
    Fax: +32 (0) 2-295.01.30
    WEB DE CONTACTO:
    http://ec.europa.eu/agriculture/contact/index_es.htm


  • Centro de información nacional:

    Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño
    Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA)
    Subdirección Xeral de Fondos Agrícolas
    Telf: 913 47 49 16
    Fax: 913 47 47 30
    E-mail: sg.fondosagricolas@fega.mapya.es
    WEB: http://www.fega.es


    Xunta de Galicia
    Consellería de Facenda
    Dirección Xeral de Planificación e Fondos
    Telf: 981 54 51 43
    Fax: 981 54 51 33
    E-mail: tpajaro@xuntaeco.org
    WEB: http://www.xunta.es/



  • Documento oficial de publicación: DO C 231/8 do 27.08.2010
  • Páxina principal no servidor Europa