Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas no mercado interior (Resolución do 23 de xullo de 2010 da Secretaría de Estado de Medio Rural e Auga).


  • Obxecto: Convócanse, para o exercicio 2011, axudas para a realización de programas de información e promoción de produtos agrícolas no mercado interior dispostas no Regulamento (CE) Nº 3/2008 do Consello, do 17 de decembro de 2008 (DO L 3/1 do 05.01.2008).

  • Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das axudas, as organizacións profesionais e interprofesionais representativas do sector agroalimentario en España, que leven a cabo programas de información e promoción no mercado interior, segundo o indicado no artigo 6 do Regulamento Nº 3/2008 do Consello.

  • Accións subvencionables: As accións que se poden realizar serán as establecidas no artigo 2 do Regulamento (CE) Nº 3/2008 do Consello.
    A listaxe dos temas, produtos, países e directrices que poden ser obxecto de accións de información e/ou promoción no mercado interior serán os indicados no anexo I do Regulamento (CE) Nº 501/2008 da Comisión (DO L 147/3 do 06.06.2008).

  • Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse de acordo co establecido no artigo 8 do Regulamento (CE) Nº 501/2008 da Comisión e segundo o modelo do "formulario para a presentación de programas de promoción cofinanciados pola UE" establecido pola Comisión Europea e dispoñible en: http://ec.europa.eu/agriculture/prom/forms/appliform_es.doc mediante un dos seguintes procedementos:

    - No Rexistro Xeral do Ministerio de Medio Natural, e Medio Rural e Mariño ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal "As solicitudes, escritos e comunicacións que os cidadáns dirixan aos órganos das Administracións públicas poderán presentarse:
    • Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.
    • Nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das Comunidades Autónomas, ou á dalgunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio.
    • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
    • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
    • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
    Dirixiranse á Dirección Xeral de Industrias e Mercados Alimentarios, en papel e en CD ou outro soporte electrónico.

    - Por procedemento electrónico
    seguindo a aplicación: http://aplicaciones.mapa.es/procofin

  • Orzamento:O financiamento e o pagamento da axuda nacional efectuarase con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado do exercicio 2011 por un importe máximo total de 500.000 €.

  • Prazo: 30 de novembro de 2010.

  • Centro de información comunitario:

    Comisión Europea
    DX Agricultura e Desenvolvemento Rural
    130,
    Rue de la Loi B – 1049
    Bruxelas Bélxica
    Fax: +32 (0) 2-295.01.30.
    Formulario de consulta


  • Centro de información nacional:

    Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino
    Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA)
    Subdirección General de Fondos Agrícolas
    Telf: 913 47 49 16
    Fax: 913 47 47 30
    E-mail: sg.fondosagricolas@fega.mapya.es
    WEB: http://www.fega.es



  • Páxina principal no servidor Europa