Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
IPE. Axudas
Convocatoria de axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas en terceiros países (Resolución do 27 de xaneiro de 2010 da Secretaría de Estado de Medio Rural e Auga).
  • Obxecto: Convócanse, para o exercicio 2010, axudas para a realización de programas de información e promoción de produtos agrícolas en terceiros países previstas no Regulamento (CE) Nº 3/2008 do Consello, do 17 de decembro de 2008 (DO L 3/1 do 05.01.2008).

  • Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das axudas, as organizacións profesionais e interprofesionais representativas do sector agroalimentario en España, que leven a cabo programas de información e promoción en terceiros países, segundo o indicado no artigo 6 do Regulamento Nº 3/2008 do Consello.

  • Accións subvencionables: As accións que se poden realizar serán as establecidas no artigo 2 do Regulamento (CE) Nº 3/2008 do Consello.
    A listaxe dos temas, produtos, países e directrices que poden ser obxecto de accións de información e promoción en terceiros países serán os indicados no anexo II do Regulamento (CE) Nº 501/2008 da Comisión (DO L 147/3 do 06.06.2008).

  • Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse de acordo co establecido no artigo 8 do Regulamento (CE) Nº 501/2008 da Comisión e segundo o modelo do "formulario para a presentación de programas de promoción cofinanciados pola UE" establecido pola Comisión Europea e dispoñible en: http://ec.europa.eu/agriculture/prom/forms/appliform_es.doc mediante un dos seguintes procedementos:

    - No Rexistro Xeral do Ministerio de Medio Natural, e Medio Rural e Mariño ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal "As solicitudes, escritos e comunicacións que os cidadáns dirixan aos órganos das Administracións públicas poderán presentarse:
    • Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.
    • Nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das Comunidades Autónomas, ou á dalgunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio.
    • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
    • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
    • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
    Dirixiranse á Dirección Xeral de Industrias e Mercados Alimentarios, en papel e en CD ou outro soporte electrónico.

    - Por procedemento electrónico seguindo a aplicación: http://aplicaciones.mapa.es/procofin
  • Orzamento: O financiamento e o pagamento da axuda nacional efectuarase con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado por un importe máximo total de 500.000 €.

  • Prazo: 31 de marzo de 2010.