Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas de accións indirectas: Safer Internet 2012

  • Descrición: Esta convocatoria ten como obxectivo un programa comunitario plurianual sobre a protección dos nenos no uso de Internet e doutras tecnoloxías da comunicación (Unha internet máis segura). O programa Unha internet máis segura estrutúrase en catro liñas de acción:
    sensibilizar á poboación;
    loitar contra os contidos ilícitos e os comportamentos nocivos en liña;
    promover unha contorna en liña máis segura;
    establecer unha base de coñecementos.
  • Obxectivos:
    Liñas de acción da convocatoria de propostas:
    Liñas de acción 1 e 2: Rede Europea de Centros de Seguridade en internet.
    - Acción: 1.1 Rede Integrada: Centros de Seguridade en internet
    Liña de acción 2: Loitar contra os Contidos Ilícitos e os comportamentos nocivos en liña
    - Acción 2.1 Proxecto focalizado: Mellorar a Detección e Análise da Pornografía Infantil por parte das autoridades policiais
    Liña de acción 3: Promover unha contorna en liña máis seguro
    - Acción: 3.1 Rede temática: Promover as experencias en liña positiva para os máis pequenos
    Liña de acción 4: Establecer unha base de coñecementos
    - Acción: 4.1 Proxecto de mellora dos coñecementos: investigar o impacto sobre os mozos da converxencia da tecnoloxía
    - Acción: 4.2 Proxecto de mellora dos coñecementos: identificar ferramentas de procura ou navegación de fácil utilización polos nenos
  • Solicitantes: A convocatoria desta proposta está aberta a todas as persoas xurídicas establecidas nos estados membros da Unión Europea. Tamén está aberta á participación das entidades xurídicas establecidas no Espazo Económico Europeo, países candidatos, Asociación Europea de Libre Comercio (Noruega, Islandia e Liechtenstein)
  • Financiamento: O orzamento máximo asignado para esta convocatoria de propostas é 13 422 200 de EUR
  • Prazo: 29 de marzo de 2012.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    European Commission
    Information Society and Media Directorate General
    Safer Internet
    EUFO 1174
    Rue Alcide de Gasperi
    L-2920 Luxembourg


  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a http://ec.europa.eu/saferinternet
  • Documento oficial de publicación: DO C 27/04 do 01.02.2012
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa comunitario plurianual "Unha internet máis segura"(Safer Internet) 2007-2013