Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
CONVOCATORIA DE PROPOSTAS — EACEA/36/11 MEDIA 2007 — Promoción/Acceso ao mercado

  • Descrición: A presente convocatoria de propostas baséase na Decisión nº 1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de novembro de 2006, relativa á aplicación dun programa de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).
  • Obxectivos:
    O obxectivo desta convocatoria é facilitar e impulsar a promoción e a circulación de obras audiovisuais e cinematográficas europeas no marco de eventos comerciais, de mercados profesionais e de festivais audiovisuais en Europa e no mundo, a condición de que, estes eventos poidan desempeñar un papel importante na promoción de obras europeas e na creación de redes de profesionais. Así mesmo, esta convocatoria ten como obxectivo impulsar a creación de redes de operadores europeos, apoiando accións comúns, levadas a cabo no mercado europeo e internacional, por organismos nacionais de promoción, públicos ou privados.
  • Solicitantes: O presente anuncio está destinado aos organismos europeos establecidos nun dos Estados membros da Unión Europea ou nun dos países do Espazo Económico Europeo que participan no programa MEDIA 2007 (Islandia, Liechtenstein, Noruega), así como Suíza e Croacia.
  • Financiamento:O orzamento total estimado destinado ao cofinanciamento de proxectos ascende a 2 500 000 EUR (a reserva da adopción do orzamento do ano 2012). A axuda financeira non pode exceder o 50 % dos custos totais da acción.
    A Axencia resérvase a posibilidade de non asignar todos os fondos dispoñibles
  • Prazo:
    9 de decembro de 2011 para as actividades que comecen entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2012,
    1 de xuño de 2012 para as actividades anuais que terán lugar en 2013 e as actividades que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2013.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA)
    Unit Programme MEDIA — P8
    Call for proposals EACEA/36/11 — Promotion/Access to markets
    Mr Constantin DASKALAKIS
    BOUR 3/30
    Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
    1049 Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIË


    Non se aceptarán as solicitudes enviadas por fax ou correo electrónico.

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a ENV-A04@ec.europa.eu
  • Punto de información nacional : www.mediaeusk.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 313/06 do 26.10.2011
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Media 2007