Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Licitación 2012 - Segundo Programa de acción comunitaria no ámbito da saúde (2008-2013)

  • Obxectivos:
    O obxectivo xeral do segundo programa comunitario de apoio á saúde consiste en complementar e apoiar as políticas dos Estados membros, achegando un maior valor engadido e contribuíndo a incrementar a solidariedade e a prosperidade na Unión Europea. Os obxectivos do programa son:
    •mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns
    •promover a saúde, incluíndo a redución das desigualdades, e
    •xerar e difundir información e coñecementos sobre a saúde
  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación de calquera país dos 27 Estados membros da UE, terceiros países, países candidatos, os tres países AELC/EEE (Islandia, Liechtenstein e Noruega) e Croacia. .
  • Financiamento: A cantidade de 8.950.000 € dedicarase ao financiamento das accións comúns.A cantidade indicativa para a convocatoria de subvencións de funcionamento para as organizacións non gobernamentais e redes especializadas activas no campo da saúde pública é de 4.400.000 €. En comparación con 2011, a cantidade total indicativa dispoñible para os proxectos incrementouse e é de 13.171.820 €. Os fondos tamén estarán dispoñibles para as subvencións de conferencias con 800.000 €.
  • Prazo: 9 de marzo de 2012.
  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a EAHC-PHP-CALLS@ec.europa.eu
  • Punto de información nacional:

    Mr Carlos SEGOVIA
    Department of International
    Research Programs and Institutional relations
    Ministry of Health and Consumer Affairs
    Oficina de Proxectos Europeos
    Instituto de Salud Carlos III
    c/Sinesio Delgado 6
    ES-28029 Madrid
    Tel: +34 91 822 22 72
    Fax: +34 91 387 78 30
    E-mail: csegovia@isciii.es


  • Guía do candidato: Consultar cada unha das accións.
  • Documento oficial de publicación: DO C 358/08 do 08.12.2011
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Segundo Programa de Acción comunitaria no ámbito da saúde (2008-2013)