Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de manifestacións de interese en participar nunha estrutura consultiva científica de avaliación do risco de comités científicos e unha base de datos de expertos

  • Descrición: Esta convocatoria diríxese aos científicos que desexen participar nos comités científicos da estrutura consultiva da Comisión Europea nos ámbitos da seguridade dos consumidores, a saúde pública e o medio creada mediante a Decisión 2008/721/CE da Comisión, do 5 de setembro de 2008. Os novos membros dos comités científicos substituirán aos membros actuais, cuxo mandato finaliza o 18 de febreiro de 2012, que foron nomeados mediante a Decisión 2009/146/CE da Comisión.
  • Obxectivos:
    Posibilitar que os científicos que desexen participar nos comités da estrutura consultiva da Comisión Europea nos ámbitos da seguridade dos consumidores, a saúde pública e o medio poidan manifestar o seu interese en formar parte dos devanditos comités a partir de febreiro de 2011, momento en que finalizan os actuais membros.
  • Solicitantes: Esta convocatoria de manifestacións de interese está aberta a científicos de Europa e do resto do mundo. No entanto, o xurado outorgará máis puntuación aos solicitantes que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
  • Prazo: 15 de novembro de 2011.
  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a Sanco-call-experts@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 297/04 do 08.10..2011
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa de acción comunitaria no eido da política dos consumidores (2007-2013)