Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas para a concesión da contribución financeira á Rede de Centros Europeos do Consumidor

  • Descrición: A presente convocatoria de propostas refírese á concesión da contribución financeira á Rede de Centros Europeos do Consumidor no artigo 4 (1) e a acción 10.2 da Decisión 1926/2006/CE.
  • Obxectivos:
    O Programa de consumo ten por obxecto complementar, apoiar e supervisar as políticas dos Estados membros e contribuír á protección da saúde, a seguridade e os intereses económicos e xurídicos dos consumidores, así como promover o seu dereito a información, á educación e organizarse para salvagardar os seus intereses.

    Os obxectivos especificos da convocatoria son:

    - garantir un nivel elevado de protección dos consumidores, concretamente mellorando a documentación obxectiva, a consulta e a representación dos intereses dos consumidores;
    - garantir a aplicación efectiva das normas de protección ao consumidor, en particular a través de cooperación, a información, a educación e a reparación.
  • Solicitantes: Os solicitantes deben cumprir todos os criterios de elixibilidade establecidos a seguir:
    - ser un organismo público ou sen fins de lucro
    - ser designado mediante un procedemento transparente polo Estado membro ou a autoridade competente e acordado pola Comisión
    - actuar de maneira independente da industria e as empresas
    - conforme o artigo 8 do Programa de consumo, a convocatoria está aberta á participación dos países AELC / EEE, de conformidade coas condicións establecidas no Acordo EEE e a terceiros países de acordo coas condicións establecidas nos respectivos acordos bilaterais ou multilaterais con eses países.
  • Financiamento: O importe indicativo total dispoñible para esta convocatoria ascende a 4.500.000 €.
  • Prazo: 9 de setembro de 2011.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    Agencia Ejecutiva de Sanidad y Consumidores
    La Unidad de Consumidores y Seguridad Alimentaria
    Batiment Jean Monnet
    Rue Alcide de Gasperi
    L-2920 Luxemburgo


    Enderezo para a entrega en man
    EAHC Agencia Ejecutiva de Sanidad y Consumidores
    La Unidad de Consumidores y Seguridad Alimentaria Batiment Jean Monnet
    Rue Alcide de Gasperi
    L-2920 Luxemburgo

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo e. a EAHC-ECCnet@ec.europa.eu
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa de acción comunitaria no eido da política dos consumidores (2007-2013)