| |
-
Descrición:
O Fondo Social Europeo (FSE), creado en 1957, é o instrumento financeiro
da Unión Europea máis importante para a promoción do emprego
e da adaptación dos traballadores e traballadoras aos cambios tecnolóxicos,
económicos e sociais que repercuten directamente no mercado de traballo.
Para realizar as actuacións como Organismo Intermedio do FSE, a
Fundación Biodiversidade crea o Programa empregaverde.
A actuación da FB e os beneficiarios réxese polo disposto
no Regulamento (CE) Nº 1081/20061 do Parlamento Europeo e do Consello do
5 de xullo de 2006 relativo ao FSE polo que se derroga o Regulamento (CE) nº
1784/1999 e no Regulamento (CE) Nº 1083/20062 do Consello do 11 de xullo
de 2006 polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao FSE e ao Fondo de Cohesión e se
derroga o Regulamento (CE) nº 1260/1999. -
Obxectivos:
Para o período 2007-2013 o Programa empregaverde marcouse
como meta apoiar a máis de 50.000 persoas e fomentar a creación
dunhas 1.000 empresas vinculadas ao medio. O programa empregaverde
apoia proxectos que poñan en marcha procesos de cambio relacionados co
medio e a sustentabilidade e que teñan entre os seus obxectivos:
- Promocionar e mellorar o emprego en xeral e o emprego verde en particular.
- Aumentar as competencias e a cualificación dos traballadores en temas
ambientais e de sustentabilidade. - Fomentar a modernización e innovación
de empresas e sectores de actividade. - Promover a creación de empresas
vinculadas ao medio. - Adaptar as actividades económicas á
normativa ambiental. - Impulsar a sustentabilidade das actividades económicas. -
Solicitantes: Nesta edición poderanse
presentar proxectos nalgunha das 2 liñas seguintes: Liña
I: proxectos para o fomento do emprego verde Liña II: proxectos
de apoio ao emprendemento. Os proxectos presentados ao Programa empregaverde poden
contemplar as seguintes accións. Accións:
- Cursos de formación - Plataforma de autoaprendizaxe
- Xornadas, seminarios e congresos - Premios e concursos - Campañas
de sensibilización - Diagnósticos, estudos, metodoloxías
e guías - Material informativo e divulgativo (publicacións,
manuais, folletos, etc.) - Asesoramento personalizado (presencial, itinerante,
mixto, en liña, telefónico, etc.) - Redes - Calquera
outra acción que permita alcanzar os obxectivos do Programa empregaverde -
Financiamento:Nesta edición do Programa
empregaverde poderase chegar a comprometer ata 10.000.000 €,
sendo a asignación por liñas a seguinte: LIÑA
I: Proxectos para o fomento do emprego Ata 7 millóns de € LIÑA
II: Proxectos de apoio ao emprendemento Ata 3 millóns de €
O importe mínimo dos proxectos será de 50.000€ e o máximo
de 300.000€. O importe inclúe tanto o cofinanciamento do FSE
como a do beneficiario e, no seu caso, a do/a colaborador/a. -
Prazo:31 de agosto de 2012.
-
Lugar de presentación de solicitudes:
As entidades solicitantes deberán presentar un exemplar en papel e outro
en formato CD da documentación orixinal debidamente asinada e selada no
seguinte enderezo:
Fundación Biodiversidad
Programa empleaverde 2012
Departamento Internacional - Área FSE
C/ Fortuny, 7
28010 Madrid |
-
Punto de información: Os solicitantes
poderán realizar as súas consultas ao coordinador nacional:
Fundación Biodiversidad
Programa empleaverde 2012
Departamento Internacional - Área FSE
C/ Fortuny, 7
28010 Madrid |
Doutra banda, no enederezo do correo electrónico empleaverde@fundacion-biodiversidad.es,
poderanse formular consultas por escrito. -
- Páxina
principal no servidor Europa
|