| |
-
Base legal: Decisión Nº 573/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de maio de 2007 ( DO
L 144/1 de 06.06.2007), pola que se establece o Fondo Europeo para os Refuxiados para o período 2008-2013 como parte do Programa xeral «Solidariedade e Xestión dos Fluxos Migratorios».
-
Periodo de vixencia: 1 xaneiro 2008-31 decembro 2013.
-
Descrición: Este Fondo persegue contribuír á consolidación do espazo de liberdade, seguridade e xustiza e á aplicación do principio de solidariedade entre os Estados membros.
-
Obxectivos: O obxectivo xeral do Fondo será apoiar e fomentar os esforzos realizados polos Estados membros co fin de acoller aos refuxiados e persoas desprazadas e asumir as consecuencias desta acollida mediante a cofinanciación das accións previstas de conformidade coa lexislación comunitaria nestes ámbitos.
O Fondo participará no financiamento de asistencia técnica por iniciativa dos Estados membros ou da Comisión.
-
Accións subvencionables:
- Accións nacionais: Poderán beneficiarse do Fondo as que contemplan:
- As condicións de acollida e os procedementos de asilo, en particular infraestruturas, axuda material, médica e xurídica.
- A integración dos grupos destinatarios no Estado que os acolle, en particular, medidas relativas a educación, participación na vida cívica e cultural, acceso ao mercado laboral, formación lingüística e axuda ao aloxamento.
- A axuda achegada aos Estados para elaborar, aplicar e efectuar o seguimento da súa política de asilo, e recoller, analizar e proceder á difusión de datos sobre os países de orixe e as estatísticas sobre os procedementos de asilo, acollida e integración.
- O reasentamento e, en particular, a elaboración de programas neste ámbito e a concesión de material e de información antes da saída.
- O traslado de candidatos que figuren nos grupos destinatarios dun Estado a outro.
- Accións de dimensión transnacional ou comunitaria: Poderán recibir o apoio do Fondo:
- Campañas de sensibilización.
- Difusión de boas prácticas.
- Creación de redes entre organismos situados en varios Estados membros.
- Elaboración de redes entre organizacións non intergobernamentais presentes en polo menos dez Estados membros encargados do devandito intercambio.
- Medidas de emerxencia: Se previu unha reserva financeira destinada a aplicar medidas de emerxencia destinadas a proporcionar protección temporal en caso de afluencia masiva. Esta reserva poderá utilizarse tamén para apoiar os esforzos despregados polos Estados membros para facer fronte a presións específicas, derivadas da chegada súbita dun gran número de persoas posiblemente necesitadas de protección internacional, que sometan a tensións considerables e en condicións de emerxencia as súas estruturas de acollida ou os seus réximes de asilo.
-
Participación no Fondo: Todos os Estados membros, excepto Dinamarca.
-
Destinatarios: Os nacionais de terceiros países ou apátridas que: teñan o estatuto definido pola Convención de Xenebra e sexan admitidos para residir en calidade de refuxiados nun dos Estados membros; estean acollidos a unha forma de protección subsidiaria; soliciten unha das formas de protección mencionadas; estean acollidos a un réxime de protección temporal; ou que están a ser ou foron reasentados nun Estado membro.
-
Orzamento: 628 millóns de euros.
- Centro de información comunitario:
-
-
-
-
|