| |
-
Base legal:
Decisión Nº 2007/435/CE do Consello, de 25 de xuño de 2007 ( DO L 168/18 de 28.06.2007), pola que se establece o Fondo Europeo para a Integración de Nacionais de Terceiros Países para o período 2007-2013 como parte do programa xeral «Solidariedade e xestión dos fluxos migratorios».
-
Periodo de vixencia: 1 xaneiro 2007-31 decembro 2013.
-
Descrición: Este Fondo persegue contribuír á consolidación do espazo de liberdade, seguridade e xustiza e á aplicación do principio de solidariedade entre os Estados membros.
O Fondo apoiará os esforzos dos Estados membros para facer posible que nacionais de terceiros países con diversas orixes económicas, sociais, culturais, relixiosos, lingüísticos e étnicos reúnan as condicións de residencia e facilitar a integración destes nas sociedades europeas.
-
Obxectivos: O Fondo contribuirá á realización dos seguintes obxectivos:
- Facilitar a elaboración e aplicación de procedementos de admisión pertinentes e propicios ao proceso de integración de nacionais de terceiros países.
- Desenvolvemento e aplicación do proceso de integración de nacionais de terceiros países recentemente chegados aos Estados membros.
- Incrementar a capacidade dos Estados membros de desenvolver, aplicar, supervisar e avaliar as políticas e medidas de integración dos nacionais de terceiros países.
- Intercambio de información, mellores prácticas e cooperación nos Estados membros e entre eles ao desenvolver, aplicar, supervisar e avaliar as políticas e medidas de integración dos nacionais de terceiros países.
O Fondo participará no financiamento de asistencia técnica por iniciativa dos Estados membros ou da Comisión.
-
Accións subvencionables:
- Accións nacionais: Poderán beneficiarse do Fondo as relativas a:
- Facilitar o desenvolvemento e a aplicación dos procedementos de admisión apropiados para apoiar o proceso de integración.
- Apoiar o desenvolvemento e aplicación do proceso de integración, en particular en relación cos nacionais de terceiros países recentemente chegados ao país de acollida da UE.
- Mellorar a capacidade dos Estados membros a desenvolver, implementar, dar seguimento e avaliar as políticas para a integración de nacionais de terceiros países.
- Apoiar o intercambio de información e boas prácticas en e entre os Estados membros mediante o desenvolvemento, aplicación e avaliación de políticas e medidas para a integración dos nacionais de terceiros países.
- Accións de dimensión transnacional ou comunitaria: Poderán recibir o apoio do Fondo para:
- A creación de proxectos piloto e redes de cooperación baseados na cooperación transnacional co fin de promover o intercambio de información e boas prácticas.
- A organización de campañas transnacionales de información e sensibilización.
- A publicación de estudos comparativos e proxectos piloto conxuntos.
- A contribución ao desenvolvemento de ferramentas estatísticas, métodos e indicadores deseñados para medir o nivel de desenvolvemento das políticas de integración.
-
Participación no Fondo: Todos os Estados membros, excepto Dinamarca.
-
Orzamento: 825 millóns de euros.
- Centro de información comunitario:
-
-
-
-
|