Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Fondo para as Fronteiras Exteriores (2007-2013)

  • Base legal: Decisión Nº 574/2007/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de maio de 2007 (DO L 144/22 de 06.06.2007), relativa ao Fondo para as Fronteiras Exteriores para o período 2007-2013 como parte do Programa xeral «Solidariedade e Xestión dos Fluxos Migratorios».

  • Periodo de vixencia: 1 xaneiro 2007-31 decembro 2013.

  • Descrición: Este Fondo persegue contribuír á consolidación do espazo de liberdade, seguridade e xustiza e á aplicación do principio de solidariedade entre os Estados membros.

  • Obxectivos: O Fondo contribuirá á realización dos seguintes obxectivos:
    • A organización eficiente de control, que abarca tanto as tarefas de verificación como de vixilancia en relación coas fronteiras exteriores.
    • A xestión eficiente dos fluxos de persoas nas fronteiras exteriores por parte dos Estados membros con obxecto de garantir, por unha banda, un alto nivel de protección nas fronteiras exteriores e, por outra, o cruzamento sen problemas destas fronteiras de conformidade co acervo de Schengen, así como os principios de trato respectuoso e de dignidade.
    • A aplicación uniforme polos gardas de fronteiras das disposicións do Dereito comunitario en materia de cruzamento de fronteiras exteriores.
    • A mellora da xestión das actividades dos servizos consulares e outros servizos dos Estados membros nos terceiros países en relación cos fluxos de entrada de nacionais de terceiros países no territorio dos Estados membros e da cooperación entre Estados membros a este respecto.
    O Fondo participará no financiamento de asistencia técnica por iniciativa dos Estados membros ou da Comisión.

  • Accións subvencionables:
    - Accións nacionais: Poderán beneficiarse do Fondo as relativas a:
    • Vixilancia das infraestruturas nas fronteiras exteriores e nos pasos fronteirizos.
    • Equipos de vixilancia.
    • Medios de transporte.
    • I nvestimentos en tecnoloxía punta.
    • Capacitación do persoal e intercambios.
    • Equipos e sistemas informáticos de intercambio de datos.
    • Estudos e proxectos piloto relativos ao establecemento de boas prácticas.
    - Accións de dimensión transnacional ou comunitaria: Poderán recibir o apoio do Fondo para:
    • Fomentar a progresiva inclusión dos controis aduaneiros, veterinarios e fitosanitarios nas actividades da xestión integrada das fronteiras.
    • Prestación de servizos de apoio en situacións de emerxencia.
    • Axudar á aplicación uniforme da lexislación comunitaria sobre as fronteiras exteriores.
    • Contribuír ao desenvolvemento de ferramentas estatísticas.
    • Axudar ao intercambio de información e ao afianzamento das boas prácticas.
    • Axudar á creación de estudos e proxectos piloto sobre novas formas de cooperación, en particular con respecto a oficinas consulares comúns.
    - Réxime de tránsito especial: O fondo tamén financiará os dereitos non percibidos sobre os visados de tránsito, así como os custos adicionais que se derivan directamente dos requisitos específicos da execución do réxime de tránsito especial que non se xeran con motivo da expedición de visados de tránsito ou doutro tipo. Poderán optar a un financiamento os seguintes tipos de custos adicionais:
    • Investimentos en infraestruturas.
    • Formación do persoal que aplica o réxime de tránsito especial.
    • Custos operativos adicionais, incluídos os salarios do persoal que aplica especificamente o réxime de tránsito especial.

  • Participación no Fondo:
    • Todos os Estados membros, excepto Reino Unido e Irlanda. Dinamarca decidirá si participa, durante os 6 meses seguintes á adopción da Decisión pola que se establece o Fondo.
    • Os países asociados á execución, aplicación e desenvolvemento do acervo de Schengen tamén participarán no Fondo (Noruega, Suíza, Islandia e Liechtenstein).

  • Orzamento: 1.820 millóns de euros.

  • Centro de información comunitario:

    EUROPEAN COMMISSION
    DG Home Affairs
    B-1049 BRUSSELS
    E-mail: HOME-EXT-BORDERS-FUND@ec.europa.eu