| |
-
Descrición: O obxectivo do
Fondo é contribuír ao desenvolvemento dunha política común
europea en xestión das fronteiras. Establecéronse como parte da
solidariedade financeira mecanismos de apoio aos Estados que soportan, en beneficio
da Unión Europea, unha carga duradeira financeira derivada da aplicación
das normas comúns de control e da vixilancia das fronteiras exteriores
e das políticas de visados. -
Obxectivos:
O obxectivo específico desta convocatoria é contribuír
a mellorar as actividades organizadas polos servizos consulares e outros servizos
dos Estados membros en terceiros países, os fluxos de nacionais de terceiros
países no territorio dos Estados membros e a cooperación entre os
Estados membros a este respecto. As accións desta convocatoria de
propostas son as seguintes: Categoría 1 A creación
e o desenvolvemento rexional do programa de cooperación consular.
Categoría 2 Establecemento e desenvolvemento das actividades
relacionadas á inmigración. Categoría 3
Proporcionar a formación de expertos que participan na avaliación
da aplicación do acervo de Schengen nos Estados membros. -
Solicitantes: A presente convocatoria de
propostas está dirixida exclusivamente ás autoridades públicas
con responsabilidades no campo da política de visados, control de fronteiras
exteriores e os controis de inmigración que se rexistran nos Estados membros.
Os 25 Estados membros que participan no Fondo en 2011. Asociados ao espazo
Schengen: Noruega, Suíza e Islandia. Organizacións non gobernamentais.
Organizacións internacionais. -
Financiamento:
O orzamento máximo asignado para esta convocatoria de propostas é
de 2.462.771,76.EUR A cantidade solicitada de subvención
por proxecto non poderá exceder do 90% dos custos subvencionables totais -
Prazo: 09 de marzo de
2012. -
Lugar de presentación
de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos
a: | Enderezo para
o envío postal ou por servizo de mensaxería European
Commission DG HOME AFFAIRS Unit C4 - EBF LX 46 8/101, BE-1049
Brussels. Fax (32.2)297 95 90 | -
-
-
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á
convocatoria: Programa especifico
Fondo para as Fronteiras Exteriores (2007-2013) dentro do PROGRAMA
MARCO DE SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS
|