ED A Coruña. Axudas
Programa específico: Prevención, preparación e xestión das consecuencias do terrorismo e doutros riscos en materia de seguridade (2007-2013)
Base legal: Decisión 2007/124/CE do Consello, de 12 de febreiro de 2007 (DO L 58/1 de 24.2.2007), pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico «Prevención, preparación e xestión das consecuencias do terrorismo e doutros riscos en materia de seguridade», integrado no programa xeral «Seguridade e defensa das liberdades».
Periodo de vixencia: 1 xaneiro 2007-31 decembro 2013.
Descrición: O programa contribuirá a apoiar os esforzos dos Estados membros na prevención e preparación, así como na protección das persoas e as infraestruturas críticas, fronte aos riscos asociados a ataques terroristas e outros incidentes en materia de seguridade. Así mesmo, contribuirá a garantir a protección en ámbitos como a xestión de crise, o medio ambiente, a sanidade pública, os transportes, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxicos e a cohesión económica e social, fronte ao terrorismo e a outros riscos en materia de seguridade no marco do espazo de liberdade, seguridade e xustiza.
Obxectivos: Polo que se refire á prevención e preparación fronte aos riscos asociados ao terrorismo, o programa terá como obxectivo:
promover e apoiar as avaliacións dos riscos que pesan sobre as infraestruturas críticas e a elaboración de metodoloxías de protección e de normas de seguridade;
apoiar medidas operativas compartidas para mellorar a seguridade das cadeas transfronteirizas de subministración;
fomentar a cooperación e os intercambios de experiencia no ámbito da protección das infraestruturas críticas.
Polo que se refire á xestión das consecuencias, o programa terá como obxectivos:
promover os intercambios de coñecementos técnicos e boas prácticas entre os distintos protagonistas encargados da xestión das crises;
organización de exercicios conxuntos co fin de aumentar a coordinación entre os servizos competentes.
Accións subvencionables: O programa financiará, nas condicións establecidas no programa de traballo anual, os seguintes tipos de accións:
proxectos de dimensión europea lanzados e xestionados pola Comisión;
proxectos transnacionais que deberán contar coa participación de polo menos dous Estados membros ou de polo menos un Estado membro e outro país, que poderá ser un país adherente ou candidato;
proxectos nacionais desenvolvidos nos Estados membros que:
sexan preparatorios de proxectos transnacionales e/ou accións da Unión («medidas iniciais»),
sexan complementarios de proxectos transnacionales e/ ou accións da Unión («medidas complementarias»),
contribúan a desenvolver métodos e/ou tecnoloxías innovadores susceptibles de ser transferidos ás medidas a escala da Unión, ou desenvolvan tales métodos ou tecnoloxías con vistas á súa transferencia a outros Estados membros e/ou a outro Estado, que poderá ser un país adherente ou candidato;
Poderán, en particular, beneficiarse dun apoio financeiro: as medidas de cooperación e coordinación operativas (reforzo das redes ou da confianza e a comprensión mutuas, desenvolvemento de plans de intervención e intercambio e difusión de información, experiencias e mellores prácticas); as actividades de análises, seguimento, avaliación e auditoría; o desenvolvemento e a transferencia de técnicas e métodos, especialmente polo que se refire ao intercambio de información e á interoperatividad; as actividades de formación e intercambio de persoal e expertos; e as actividades de sensibilización e difusión.
Destinatarios: Poderán acceder ao programa os organismos e organizacións dotados de personalidade xurídica establecidos nos Estados membros. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro só terán acceso ás subvencións de maneira conxunta con organizacións sen ánimo de lucro ou organismos públicos. As organizacións non gobernamentais poderán solicitar financiamento dos proxectos a que se refire o artigo 5, apartado 2, sempre que garantan un grao suficiente de confidencialidade.
Polo que se refire aos proxectos transnacionais, os terceiros países e as organizacións internacionais estarán autorizados a participar en calidade de socios, pero non a presentar proxectos.