| |
-
Base legal: DECISIÓN 2007/126/CE do Consello, de 12 de febreiro de 2007 ( DO
L 58/13 de 24.02.2007), pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico "Xustiza penal ", integrado no programa xeral "Dereitos fundamentais e xustiza".
-
Periodo de vixencia: 1 xaneiro 2007-31 decembro 2013.
-
Descrición: Este programa persegue a finalidade de contribuír ao progresivo establecemento do espazo de liberdade, seguridade e xustiza. Para iso, tratará de: Promover a cooperación xudicial en materia penal; achegar os sistemas xudiciais dos Estados membros entre si e ao sistema xudicial da Unión Europea; mellorar os contactos e o intercambio de información e de boas prácticas entre as autoridades xudiciais, administrativas e os profesionais da xustiza, e promover a formación dos profesionais do Dereito; e incrementar a confianza entre as autoridades xudiciais.
-
Obxectivos: O programa perseguirá os seguintes obxectivos específicos:
- Favorecer a cooperación xudicial en materia penal, a fin de:
- Fomentar o recoñecemento mutuo das resolucións e sentenzas xudiciais.
- Eliminar os obstáculos que crean as disparidades entre os sistemas xudiciais dos Estados membros e promover a necesaria aproximación do Dereito penal substantivo relativo á delincuencia grave, en particular a de dimensión transfronteiriza.
- Seguir propiciando o establecemento de normas mínimas no relativo a certos aspectos do Dereito penal procesual, a fin de fomentar o lado práctico da cooperación xudicial.
- Garantir unha adecuada administración da xustiza mediante a eliminación dos conflitos de competencia.
- Mellorar o intercambio de información, en particular da obtida dos rexistros nacionais de antecedentes penais, mediante o uso de sistemas informatizados.
- Promover os dereitos dos acusados, así como a asistencia social e xurídica ás vítimas.
- Animar aos Estados membros a acelerar a cooperación con Eurojust no combate contra a delincuencia organizada transfronteiriza e outros tipos de delincuencia grave.
- Promover a adopción de medidas destinadas á reinserción social dos delincuentes, en particular dos delincuentes xuvenís.
- Mellorar o coñecemento recíproco dos sistemas xurídicos e xudiciais dos Estados membros en materia penal e promover e reforzar a constitución de redes, a mutua cooperación, e o intercambio e a difusión da información, experiencias e mellores prácticas.
- Velar pola adecuada execución e a correcta e concreta aplicación e avaliación dos instrumentos comunitarios no ámbito da cooperación xudicial en materia penal.
- Mellorar a información sobre os ordenamentos xurídicos dos Estados membros e o acceso á xustiza.
- Propiciar a formación sobre a Unión e o Dereito comunitario dos xuíces, os avogados e outros profesionais que participen na administración da xustiza.
- Determinar as condicións xerais necesarias para desenvolver a confianza recíproca mellorando a comprensión mutua entre autoridades xudiciais e sistemas xudiciais diferentes, en particular, con vistas á aplicación das políticas da UE no ámbito da xustiza.
- Crear e establecer un sistema informatizado de intercambio de información sobre os rexistros de penados e financiar estudos orientados ao desenvolvemento doutros tipos de intercambio de información.
-
Accións subvencionables: O programa financiará, nas condicións establecidas no programa de traballo anual, os seguintes tipos de accións:
- Medidas específicas iniciadas pola Comisión, como estudos e investigación científica, enquisas de opinión e sondaxes, elaboración de indicadores e metodoloxías...
- Proxectos transnacionais específicos de interese comunitario nos que participen polo menos dous Estados membros, ou un Estado membro e outro Estado, que pode ser un Estado adherente ou un Estado candidato.
- Apoio das actividades de ONG ou outras entidades que persigan obxectivos de interese xeral europeo relacionados cos obxectivos xerais do programa nas condicións establecidas nos programas de traballo anuais.
- Subvención de funcionamento destinada a cofinanciar os gastos vinculados ao programa de traballo permanente da rede europea de formación xudicial, que persegue un obxectivo de interese xeral europeo no ámbito da formación dos membros do poder xudicial.
- Proxectos nacionais desenvolvidos nos Estados membros que:
- sexan preparatorios de proxectos transnacionais ou accións da Unión («medidas iniciais»),
- sexan complementarios de proxectos transnacionais ou accións da Unión («medidas complementarias»),
- contribúan a desenvolver métodos ou técnicas innovadores susceptibles de ser transferidos ao nivel da Unión, ou desenvolvan tales métodos e tecnoloxías con vistas á súa transferencia a outros Estados membros e a outro Estado, que poderá ser un país adherente ou candidato.
-
Participación no programa: O programa estará aberto á participación de institucións e organizacións públicas ou privadas, incluídas as organizacións profesionais, as universidades, os centros de investigación, os centros de formación ou especialización en cuestións xurídicas e xudiciais para profesionais do Dereito e as organizacións non gobernamentais dos Estados membros.
Os organismos e organizacións con ánimo de lucro só poderán acceder ao programa xunto con organismos sen ánimo de lucro ou organismos públicos.
Os proxectos transnacionais non poderán ser presentados por terceiros países ou organizacións internacionais, pero admitirase a súa participación como socios.
-
Destinatarios: Serán destinatarios do programa, entre outros, os profesionais do
Dereito, os representantes dos servizos de asistencia ás vítimas,
e outros profesionais que participen na administración de xustiza,
as autoridades nacionais e os cidadáns da Unión en xeral.
-
Orzamento:
Contía próxima a 200 millóns de euros.
- Centro de información comunitario:
-
-
- Convocatorias anteriores:
|