Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
  ED A Coruña. Axudas
Programa específico: Dereitos fundamentais e cidadanía (2007-2013)
  • Base legal: DECISIÓN 2007/252/CE do Consello, de 19 de abril de 2007 (DOUE L 110/33 de 27.04.2007), pola que se establece para o período 2007-2013 o programa específico "Dereitos fundamentais e cidadanía", integrado no programa xeral "Dereitos fundamentais e xustiza".

  • Periodo de vixencia: 1 xaneiro 2007-31 decembro 2013.

  • Descrición: Este programa persegue promover o desenvolvemento dunha sociedade europea baseada no respecto dos dereitos fundamentais, reforzar a sociedade civil e fomentar un diálogo aberto e transparente, así como loitar contra o racismo e a xenofobia e mellorar a comprensión mutua entre as autoridades xudiciais e administrativas e os profesionais do Dereito.

  • Obxectivos: O programa terá os seguintes obxectivos específicos:
    • Promover os dereitos fundamentais e informar a todos os cidadáns sobre os seus dereitos, incluídos os que emanan da cidadanía da Unión.
    • Alentar aos cidadáns da Unión a participar activamente na vida democrática da Unión.
    • Examinar o respecto de dereitos fundamentais concretos na Unión Europea e os seus Estados membros ao aplicar a lexislación comunitaria.
    • Apoiar ás organizacións non gobernamentais e demais axentes da sociedade civil co fin de aumentar a súa capacidade para participar activamente na promoción dos dereitos fundamentais, o Estado de Dereito e a democracia.
    • Crear as estruturas pertinentes para promover o diálogo interconfesional e multicultural a escala comunitaria.

  • Accións subvencionables: O programa apoiará os seguintes tipos de accións:
    • Accións específicas realizadas pola Comisión, como estudos e investigación, enquisas de opinión e sondaxes, elaboración de indicadores e metodoloxías...
    • Proxectos transnacionais específicos de interese comunitario nos que participen polo menos dous Estados membros, ou un Estado membro e outro Estado, que pode ser un Estado adherente ou un Estado candidato, nas condicións establecidas nos programas de traballo anuais.
    • Accións de financiamento das actividades de organizacións non gobernamentais ou outras entidades que persigan obxectivos de interese xeral europeo relacionados cos obxectivos xerais do programa.
    • Subvencións de funcionamento destinadas a cofinanciar os gastos relacionados co programa de traballo permanente da Conferencia de Tribunais Constitucionais Europeos e da Asociación de Consellos de Estado e Tribunais Supremos Administrativos da Unión Europea.

  • Participación no programa: As accións do programa estarán abertas aos seguintes países: países adherentes, países candidatos e países dos Balcáns Occidentais que participan no proceso de estabilización e asociación nas condicións previstas nos acordos de asociación ou os seus protocolos adicionais relativos á participación en programas comunitarios xa celebrados ou por celebrar con estes países.
    O programa estará aberto á participación de, entre outros, organizacións e institucións públicas ou privadas, universidades, centros de investigación, organizacións non gobernamentais, autoridades nacionais, rexionais e locais, organizacións internacionais e outras organizacións sen ánimo de lucro establecidas na Unión Europea ou nun dos países participantes.
    O programa permitirá o desenvolvemento de actividades conxuntas realizadas con organizacións internacionais competentes no ámbito dos dereitos fundamentais, tales como o Consello de Europa, sobre a base de contribucións comúns e de acordo coas distintas disposicións vixentes en cada institución ou organización, a efectos da consecución dos obxectivos do programa.

  • Destinatarios:  O programa diríxese aos cidadáns da Unión Europea, aos cidadáns dos países participantes ou aos nacionais de terceiros países que residen legalmente no territorio da Unión Europea, ás organizacións da sociedade civil e a outros grupos que desenvolven actividades de promoción dos obxectivos do programa.

  • Orzamento: Contía próxima a 100 millóns de euros.

  • Centro de información comunitario:

    EUROPEAN COMMISSION
    DG Justice
    B-1049 BRUSSELS
    E-mail: JUST-FRC-programme@ec.europa.eu