Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Programa de Información e Prevención en materia de Drogas "Subvencións de acción" 2011-2012- JUST/2011-2012/DPIP/AG

  • Descrición: A presente convocatoria de propostas baséase na Decisión n 1150/2007/EC1 que establece o programa específico "Información e Prevención en materia de Drogas " (DPIP), para o período 2007-2013, como parte do Programa xeral "Dereitos Fundamentais e Xustiza" aposta polo desenvolvemento e intercambio de mellores prácticas en políticas e avaliación do programa a diferentes niveis (local, rexional e nacional) en materia de drogas e sempre en liña cos Plans de Acción en materia de Drogas da UE.
  • Obxectivos: Os proxectos que se presenten deberán ter os seguintes obxectivos:

    - Promover a expansión dos coñecementos básicos, o intercambio de información e identificación e a difusión de boas prácticas na área da redución do consumo de drogras.
    - Aumentar a difusión sobre o alcance dos problemas de saúde e sociais causados polas drogas así como os que inflúen no consumo destas, e promover un diálogo aberto coa intención de promover un mellor entendemento do fenómeno das drogas.
    - Intercambiar boas prácticas na cooperación entre autoridades e sociedade civil a nivel local e/ou rexional, mediante servizos públicos co fin de previr, educar, reducir os danos e endurecer a lei, traballando xunto a organizacións voluntarias e servizos provistos polo conxunto da sociedade civil.
    - Desenvolver e intercambiar boas prácticas no ámbito da política e os programas de avaliación a diferentes niveis, no campo da droga (a nivel local, rexional e nacional), en liña cos Plans de Acción de Drogas da UE.
  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación dun partenariado composto por, polo menos, dúas organizacións de dous diferentes Estados membros da UE.
  • Financiamento: O orzamento total indicativo na presente convocatoria de propostas é de 4.953.200€. A UE non subvencionará máis do 80% do custo total do proxecto e as cantidades orzadas non poden ser menores de 75.000€.
  • Prazo: 17 de abril de 2012 (12:00 hora local de Bruxelas).
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Todas as solicitudes deben ser enviadas a través de Príamos. As aplicacións ou anexos enviados por correo electrónico, correo ou fax serán rexeitados automaticamente.


  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas relacionadas:
    - coa convocatoria a por correo electrónico a: JUST-DRUGS-Programme@ec.europa.eu
    - co rexistro e aplicación via Príamos a: HOME-JUST-PRIAMOS-Usm@ec.europa.eu
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa específico: Información e prevención en materia de drogas (2007-2013)