| |
-
Descrición: Polo presente anuncio
faise pública a posta en marcha dunha convocatoria de propostas en virtude
do Programa Marco da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom)
de Accións de Investigación e Formación en Materia Nuclear
(2012 a 2013). -
Obxectivos:
No tema prioritario da enerxía de fusión, o obxectivo
global é desenvolver a base dos coñecementos, e construír
o ITER como paso fundamental cara á creación de reactores prototipo
para centrais eléctricas que sexan seguras, sustentables, ambientalmente
responsables e economicamente viables. No tema de Fisión Nuclear
e Protección contra as Radiacións, o obxectivo especifico
é establecer unha sólida base científica e técnica
co fin de acelerar os desenvolvementos prácticos para a xestión
segura dos residuos radioactivos de longa duración, para mellorar
o rendemento de seguridade, a eficiencia dos recursos e a rendibilidade da enerxía
nuclear e para garantir un sistema de protección para o home e
o medio sólido e socialmente aceptable contra os efectos da radiación
ionizante. -
Solicitantes:
Esta convocatoria está aberta á participación de calquera
persoa xurídica pública, establecida nun dos 27 Estados membros
da UE ou países asociados. As entidades deben ser independentes unha da
outra. A presente convocatoria está dirixida aos institutos de investigación,
universidades, industria, incluíndo as PEME. -
Accións
previstas: Fisión-1: Xestión dos Residuos Radioactivos:
- Almacenamento xeolóxico Fisión-2: Sistemas Reactores:
- Seguridade e competitividade de instalacións nucleares existentes
e futuras - Sistemas nucleares avanzados para o aumento da sustentabilidade
- Cuestións transversais dos sistemas nucleares
- Sistemas avanzados para os usos non eléctricos da enerxía
nuclear Fisión-3: Protección contra as Radiacións:
- Cuantificación dos riscos para as exposicións curtas e prolongadas
- Usos médicos da radiación - Xestión
de emerxencias e rehabilitación - Actividades de investigación
nacional noutras áreas Fisión-4: Infraestruturas:
- Apoio ás infraestruturas - Acceso a infraestruturas
Fisión-5: Recursos Humanos, Mobilidade e Formación: - Mobilidade
e Formación de investigadores Fisión-6: Accións
Transversais: - Accións transversais -
Financiamento: O orzamento total orientativo
na presente convocatoria de propostas é de 53.25 millóns
de EUR. Fisión-1: 9.00 millóns de EUR.
Fisión-2: 20.00 millóns de EUR. Fisión-3:
15.00 millóns de EUR. Fisión-4,5 e 6: 9.25
millóns de EUR. -
Prazo:
27 de marzo de 2012 (17:00 hora local de Bruxelas). -
Lugar de presentación de solicitudes:
As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos, de forma electrónica.
-
-
Punto
de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar
preguntas por correo electrónico a FP7Aor@ess-fp7.org -
-
Documento oficial de publicación:
DO C 14/05 do 17.12.2012 - Outros documentos relacionados
coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á
convocatoria: Sétimo
Programa Marco da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom)
de Accións de Investigación e Formación en Materia Nuclear
(2007 a 2011)
|