Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas para o programa de traballo «Ideas» 2012 do Sétimo Programa Marco da Comunidade Europea para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración-ERC-2012-PoC

  • Descrición: É unha subvención á Proba de concepto do CEI (Consello Europeo de Investigación). Estes fondos teñen por obxecto cerrar a fenda entre a súa investigación e a etapa máis temperá dunha innovación comercial.
    Esta nova iniciativa pretende extraer o máximo valor da investigación nas fronteiras do coñecemento, levando as boas ideas da investigación ao mercado.

    Os titulares de subvencións do CEI poderán utilizar os fondos para actividades tales como a validación técnica, estudos de mercado, clarificación dos dereitos de propiedade intelectual, ou a investigación das oportunidades comerciais e de negocio.
    As actividades financiadas adoptarán a forma de Accións de Coordinación e Apoio do Consello Europeo de Investigación (CEI) baixo a modalidade de Proba de Concepto (PoC).
  • Obxectivos:
    Os obxectivos do programa específico «Ideas» son fortalecer a excelencia, o dinamismo e a creatividade da investigación europea e aumentar o atractivo de Europa para os mellores investigadores de Europa e de terceiros países e para o investimento da industria en investigación proporcionando unha estrutura de financiamento competitivo a escala europea (que complemente e que non substitúa o financiamento nacional) para a «investigación nas fronteiras do coñecemento» realizada por equipos independentes.

    O obxectivo das Probas de Concepto financiadas polo CEI consiste en apoiar os titulares de subvencións do CEI para que prepararen o material a ser presentado a fondos de capital risco ou empresas que poidan investir nesta tecnoloxía e levala a unha fase de comercialización inicial.

    A proba de concepto de CEI prové fondos adicionais para os seus bolseiros co fin de establecer unha proba de concepto, identificar un camiño de desenvolvemento e de dereitos de propiedade intelectual (DPI).
  • Solicitantes: Poderán solicitar subvención as entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:
    - Entidades públicas (todo tipo)
    - Pemes
    - Empresas
    - Calquera tipo de organización

    E deberán dispor estas da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea (UE) ou terceiros países.
    A información sobre as modalidades da convocatoria e orientación aos solicitantes sobre como presentar os proxectos está dispoñible en:
    http://erc.europa.eu
    http://ec.europa.eu/research/participants/portal/appmanager/participants/portal
  • Financiamento: O orzamento indicativo para esta convocatoria de 2012 é 10,00 M€ (aproximadamente a metade dos cales será para cada unha das dúas roldas de avaliación).
  • Prazo: As solicitudes poden presentarse continuamente a partir da data de publicación da convocatoria ata o prazo final e serán avaliados e seleccionadas en dúas roldas, en base aos dous prazos específicos seguintes:
    Primeiro prazo: 03 de maio 2012 ás 17:00h (hora local de Bruxelas)
    Último prazo: 03 de outubro 2012 ás 17:00h (hora local de Bruxelas)
  • Lugar de presentación de solicitudes: O Servizo Electrónico de Presentación de Propostas (EPSS) aínda non está dispoñible para esta convocatoria.
    Punto de información: Serán os Puntos de Contacto Nacional:

    DEL RIO Lucia
    ISCIII - Instituto de Salud Carlos III
    c/ Sinesio Delgado, 6
    Madrid
    Tlf: +34 91 822 23 81
    http://www.isciii.es/

    RODRIGUEZ Esther
    Ministerio de Ciencia e Innovación
    C/ Albacete 5
    Madrid
    Tlf: +34 91 603 79 39
    http://www.micinn.es/portal/site/MICINN


    Documento oficial de publicación:
    DO C 29/08 do 2.02.2012.
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa específico "Ideas" polo que se executa o Sétimo programa marco da Comunidade Europea de accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007-2013).