Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Vías e asociacións do sector empresarial e/ou académico
- FP7-PEOPLE-2012-IAPP.

  • Descrición: A través desta convocatoria préstase apoio á creación, desenvolvemento, consolidación e execución de estratexias de asociacións de investigación en forma dun programa de investigación a longo prazo de cooperación entre os participantes.
  • Obxectivos:
    Esta convocatoria ten como obxectivo mellorar a cooperación entre a industria e o mundo académico en materia de formación en investigación, de desenvolvemento profesional e intercambio de coñecementos, en particular nas Peme, incluídas as prácticas tradicionais e as industrias manufactureiras. Baséase en programas de cooperación a longo prazo cun alto potencial para aumentar a comprensión mutua das diferenzas culturais e os requirimentos de competencias dos sectores industrial e académico.
  • Solicitantes: Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:
    - Organizacións sen ánimo de lucro
    - Organizacións non gobernamentais
    - Universidades
    - Calquera tipo de organización

    Debe haber polo menos un participante de cada un dos dous sectores (institutos de investigación e empresas) e de polo menos dous Estados membros ou países asociados distintos.
  • Financiamento: O orzamento total desta convocatoria é de 80 millóns de euros.
  • Prazo: 19 de abril de 2012 (17:00 hora local de Bruxelas).
  • Lugar de presentación de solicitudes: Consulte Guía do candidato.
  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a support@epss-fp7.org
  • Documento oficial de publicación: DO C 307/7 do 19.10.2011
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: VII Programa Marco de Accións de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Demostración. Programa Específico "Persoas"