-
Descrición:
As bolsas Marie Curie de inserción laboral están destinadas
a mellorar as perspectivas da integración permanente dos investigadores
a quen lles ofrecen un emprego estable de investigación en Europa despois
dun período de mobilidade nun país diferente do país no que
o investigador estivo activo durante os últimos anos (é dicir, o
investigador ten que ser móbil, pero pode vir de calquera parte do mundo
- desprázanse dentro de Europa ou procedentes de fóra de Europa).
A duración destas bolsas é de ata 4 anos.
-
Obxectivos:
O obxectivo desta convocatoria é o reforzamento da Área
Europea de Investigación (ERA), apoiando aos investigadores a que se establezan
nun Estado membro ou país asociado, garantindo a súa permanencia
en Europa.
-
Solicitantes:
Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das
zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:
- Organizacións
sen ánimo de lucro
- Organizacións non gobernamentais
- Universidades
- Calquera tipo de organización
-
Financiamento: O orzamento desta convocatoria
será de 40 millóns de euros.
A cantidade
anual que se vai subvencionar ascende a 25.000 euros por investigador, o que contribuirá
aos seus custos de investigación na organización de acollida.
-
Prazo: 18 de setembro de 2012 (17:00
hora local de Bruxelas).
-
Lugar
de presentación de solicitudes: Consulte Guia do candidato.
-
-
Punto
de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar
preguntas por correo electrónico a
support@epss-fp7.org -
-
Documento oficial de publicación:
DO C 308/09 do 20.10.2011 - Outros documentos relacionados
coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á
convocatoria: VII
Programa Marco de Accións de Investigación, Desenvolvemento
Tecnolóxico e Demostración. Programa Específico "Persoas"