Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Cofinanciamento de programas rexionais, nacionais e internacionais
- FP7-PEOPLE-2012-COFUND.

  • Descrición: A acción COFUND apoia os programas de bolsas existentes ou novas a nivel rexional, nacional e internacional para abrir e ofrecer a posibilidade de mobilidade transnacional. COFUND apoia os programas de bolsas para os investigadores experimentados máis prometedores, axudándolles no seu desenvolvemento profesional. Os programas deben ter un proceso aberto baseándose no mérito da competencia dos investigadores participantes e na revisión por pares. Dentro deste programa é clave a liberdade de elección para o investigador en canto ao tema de investigación.
  • Obxectivos: O obxectivo específico desta convocatoria será prestar apoio á formación e o desenvolvemento da carreira profesional dos investigadores.
  • Solicitantes: Os participantes deben ser nacionais dun Estado membro ou dun país asociado e, en particular, serán:
    - Organismos públicos.
    - Outros organismos, incluídos institutos de investigación, que financien e xestionen este tipo de programas.
    - Organizacións internacionais.
  • Financiamento: O orzamento desta convocatoria será de 110 millóns de euros.
    A contribución da Unión Europea calcúlase que estará en torno ao 40% dos custos elexibles das bolsas de cada investigador, cun máximo total de 10 millóns de euros por solicitante.
  • Prazo: 15 de febrero de 2012 (17:00 hora local de Bruxelas).
  • Lugar de presentación de solicitudes: Consulte Guia do candidato.
  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a DIGIT-EFP7-SEP-SUPPORT@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 307/8 do 19.10.2011
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: VII Programa Marco de Accións de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Demostración. Programa Específico "Persoas"