| |
-
-
Descrición: O obxectivo do Consello Europeo de Investigación (CEI) será reforzar a excelencia, o dinamismo e a creatividade na investigación europea e mellorar o atractivo do Europa para os mellores investigadores de países europeos e terceiros países, así como o investimento en investigación industrial.
-
Obxectivos: Estas subvencións teñen como obxectivo facer posible que pequenos grupos de ”investigadores principais” e os seus equipos reúnan capacidades complementarias, coñecementos e recursos, de xeito que aborden conxuntamente os problemas de investigación para poder ir más alá do que consiguen individualmente.
O obxectivo desta convocatoria é promover avances substanciais nas fronteiras do coñecemento, e fomentar novas liñas de produción dos métodos de investigación e novas técnicas, como enfoques non convencionais e investigacións na interfaz entre as disciplinas establecidas.
-
Solicitantes:Ten que ser socio, polo menos unha entidade legal duns Estados membros ou país asociado.
Nos grupos de investigación teñen que participar entre 2 e 4 ”investigadores principais”, acompañados necesariamente dos seus equipos.
-
Financiamento: O orzamento total desta convocatoria é de 150 millóns de euros.
A contribución financeira da Unión adoptará a forma de reembolso de ata o 100% dos custos elexibles aprobados da acción.
Ademais, inclúese o financiamento a un interés fixo de parte dos custos indirectos.
A subvención máxima será de 15 millóns de euros para proxectos de 6 anos de duración.
-
Prazo: 25 de xaneiro de 2011.
-
Lugar de presentación de
solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos, de forma electronica. Consulte Guía do candidato.
-
-
Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por e-mail a support@epss-fp7.org,
-
-
Documento oficial de publicación:
DO C 312/04 de 25.10.2011
- Outros documentos relacionados coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á convocatoria: VII Programa Marco de Accións de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Demostración. Programa Específico "Ideas"
|