Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas — Tres bolsas EIBURS no marco da súa Iniciativa Conxunta BEI-Universidades en favor da Investigación - EIBURS

  • Descrición: O Banco Europeo de Investimentos canaliza a maior parte das súas relacións institucionais coas universidades a través da súa Iniciativa Conxunta BEI-Universidades en favor da Investigación, a cal se compón de tres programas diferentes, entre os cales o programa EIBURS (EIB University Research Sponsorship Programme), o programa de mecenado en favor da investigación universitaria. EIBURS ofrece subvencións a centros universitarios de investigación dedicados a especialidades e temas de interese fundamental para o Banco.
  • Obxectivos:
    EIBURS ofrece subvencións a centros universitarios de investigación dedicados a especialidades e temas de interese fundamental para o Banco. Estas bolsas do BEI, de ata 100 000 EUR anuais durante un período de tres anos, concédense, a través dun procedemento competitivo, a departamentos universitarios ou centros de investigación interesados vinculados a universidades dos Estados membros da UE, os Estados adherentes ou en vías de adhesión, que posúan unha especialización recoñecida nas áeas seleccionadas polo BEI, co obxecto de permitirlles ampliar as súas actividades nas devanditas áreas. A proposta seleccionada deberá presentar unha serie de resultados (investigación, organización de cursos ou seminarios, creación de redes, difusión dos resultados, etc.) que se convirán de forma contractual co Banco.

    As liñas de investigación subvencionables de cara ao curso académico 2011/2012 son:
    - Os réximes europeos de propiedade intelectual e o seu impacto na transferencia de tecnoloxía/no financiamento da propiedade intelectual - Análise das necesidades de investimento nos sectores de infraestruturas
    - Aumento do risco de crédito no sector do microcrédito: factores, sinais de alerta, situación actual e perspectivas de futuro.
  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación de calquera persoa xurídica pública ou privada, establecida nun dos 27 Estados membros da UE.
  • Financiamento: O orzamento total indicativo na presente convocatoria de propostas é de 100 000 €.
  • Prazo: 16 de setembro de 2011.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    Iniciativa Conxunta BEI-Universidades en favor da Investigación
    100, boulevard Konrad Adenauer
    2950 Luxembourg
    LUXEMBOURG


    Enderezo para o envío electrónico
    universities@eib.org


  • Documento oficial de publicación: DO C 185/04 do 25.06.2011
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa