Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria Pública: Cooperación Europea en Investigación Científica e Técnica (COST)- COST 2012.

  • Descrición: A COST- Cooperación Europea en Ciencia e Tecnoloxía, é un dos instrumentos europeos máis antigos enfocados ao apoio á cooperacion entre científicos e investigadores ao longo de Europa. Reúne a investigadores e expertos de distintos países que traballan ao redor de temas específicos.

    Desenvolver uns vínculos máis estreitos entre os investigadores europeos é fundamental para construír o Espazo Europeo de Investigación (EEI). A COST promove en Europa novas redes de investigación con carácter innovador, interdisciplinario e xeral.

    A COST está organizada en nove seccións temáticas xerais:
    - Biomedicina e biociencia molecular
    - Ciencias e tecnoloxías químicas e moleculares
    - Ciencias da terra e xestión ambiental
    - Alimentación e agricultura
    - Bosques e os seus produtos e servizos
    - Individuos, sociedades, culturas e saúde
    - Tecnoloxías da información e a comunicación
    - Materiais, física e nanociencias
    - Transporte e desenvolvemento urbano
  • Obxectivos: A COST NON financia a investigación como tal, senón que presta apoio á posta en rede de actividades como reunións, conferencias, intercambios científicos de curta duración e actividades de promoción e está aberta a propostas referentes a accións que contribúan ao desenvolvemento científico, tecnolóxico, económico, cultural ou social de Europa. Acollendo con especial interese as propostas que teñan un papel precursor respecto doutros programas europeos e/ou sexan postas en marcha por investigadores noveis.
  • Solicitantes: Rógase aos solicitantes que inscriban o seu tema nunha das seccións temáticas. No entanto, as propostas interdisciplinarias que non correspondan directamente a unha única sección temática serán especialmente ben recibidas; estas propostas serán avaliadas por separado.

    As propostas deben integrar a investigadores procedentes dun mínimo de cinco países da COST e está aberta para entidades de calquera tipo legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación. Deberán, estas entidades, dispor da súa sede social no ámbito xeográfico seguinte:
    - Unión Europea (UE)
    - Espazo Económico Europeo (EEE)
    - Países Candidatos
    - Asociación Europea de Libre Comercio (AELC)
    - Terceiros Países
  • Financiamento: O apoio financeiro previsto é da orde do 130.000 euros anuais, en xeral por un período de catro anos, dependendo do orzamento dispoñible.

    COST proporciona apoio financeiro aos esforzos realizados en materia de cooperación polos grupos científicos de toda Europa, asi como tambíen á coordinación destas redes de investigación chamadas "Accións".

    O apoio cubrirá os custos da rede de actividades como as reunións (por exemplo, viaxes, manutención, apoio organizador local), conferencias, talleres, intercambios de curto prazo científicas, escolas de formación, publicacións e actividades de difusión. COST non financia a investigación en si mesma.
  • Prazo: 30 de marzo de 2012, ás 17.00 h (Bruxelas, hora local)
  • Lugar de presentación de solicitudes:As propostas deben presentarse en liña a través do sitio web da Asociación COST.
  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán realizar as súas consultas ao coordinador nacional:

    COST Coordinador Nacional
    Dr. MAría J. Mazón
    Representante Nacional de España
    cost.coordinacion@micinn.es

  • Documento oficial de publicación: DO C 15/05 do 18.01.2012
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: VII Programa Marco de Accións de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Demostración.