Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Anuncio de convocatoria de propostas para a obtención de subvencións no ámbito da seguridade vial

  • Descrición: A Comisión Europea ten a intención de conceder subvencións para promover os obxectivos establecidos nas orientacións políticas sobre a Seguridade viaria 2011-2020. As operacións seleccionadas financiaranse a traves das partidas orzamentarias para a política europea de transportes dos dereitos dos pasaxeiros.
  • Obxectivos:
    Lograr o obxectivo fixado nas orientacións políticas sobre a seguridade viaria 2011-2020: "En colaboración cos Estados membros e outros actores involucrados na seguridade viaria, a Comisión proporá a creación dunha estratexia global de acción na estrada para previr as lesións e ofrecer primeiros auxilios. Un mellor coñecemento dos problemas asociados con lesións graves causados polos accidentes na estrada co fin de ofrecer respostas máis adecuadas.
  • Solicitantes: As solicitudes débense presentar por escrito por parte de persoas xurídicas que están establecidas nun Estado membro Estado da Unión Europea. Os solicitantes deben demostrar que existen como entidade xurídica, presentando unha copia cotexada dos seus estatutos ou o seu equivalente.
  • Financiamento: O orzamento total indicativo na presente convocatoria de propostas é de € 1 000 000. .
  • Prazo: 30 de setembro de 2011.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal
    European Commission
    Directorate-General for Mobility and Transport
    DM 28 - 0/110 – Mail/Archives
    B-1049 Brussels
    Belgium


    Enderezo para a entrega en man
    European Commission
    Directorate-General for Mobility and Transport - DM 28 - 0/110 Avenue du Bourget 1
    B-1140 Brussels (Evere)
    Belgium

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo e. a MOVE-D3-SUBVENTIONS@ec.europa.eu
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Axudas financeiras comunitarias no ámbito das redes transeuropeas de transporte e enerxía 2007 - 2013