Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas: Convocatoria de propostas para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, evitación de tráfico e de aprendizaxe en común dentro do segundo Programa Marco Polo

  • Descrición: A Comisión Europea pon en marcha pola presente unha convocatoria de propostas para o procedemento de selección de 2010 dentro do segundo Programa Marco Polo, que é o programa de financiamento da Unión Europea para os proxectos que substitúan o transporte de mercadorías por estrada por transporte marítimo, ferrocarril e vías navegables.

  • Eidos de actuación:
    Esta convocatoria financiará cinco tipos distintos de accións:
    1. Accións de transferencia entre medios de transporte, que se centran na transferencia de mercadorías do transporte por estrada ao transporte marítimo de curta distancia, ferrocarril e vías navegables interiores.
    2. Accións de efecto catalizador que cambien o transporte de mercadorías por estrada a través dun concepto innovador.
    3. Accións de autoestradas do mar que ofrezan un servizo porta a porta, que pasa da longa distancia por estrada a unha combinación de transporte marítimo de curta distancia e outros medios de transporte.
    4. Accións de evitación de tráfico, reducindo a demanda de transporte de mercadorías por estrada cun impacto directo nas emisións.
    5. Accións de aprendizaxe en común para mellorar o coñecemento do sector da loxística de mercadorías e fomentar métodos avanzados de cooperación neste mercado.


  • Solicitantes: Só as empresas comerciais (posiblemente propiedade das administracións públicas) da UE, Noruega, Islandia, Liechtenstein e Croacia pode presentar solicitudes.

  • Financiamento: O orzamento do programa á de 64 millóns de €, cun financiamento de entre o 35% e o 50% dos custos subvencionables do proxecto.

  • Prazo de presentación de solicitudes : 18.05.2010 ás 16:00 - hora Bruxelas -

  • Lugar de presentación de solicitudes
    As solicitudes poderán presentarse:
    1. Por correo certificado ou servizo de mensaxería
    2. Entrega en man ao servizo de correo central da Comisión Europea.

    Ambos ao seguinte enderezo:

    European Commission
    Executive Agency for Competitiveness and Innovation - EACI
    Ref.: Marco Polo II Programme – Call 2010
    Courrier Central
    Avenue du Bourget 1
    B-1140 Brussels


  • Centro de información comunitario:
  • EACI - Marco Polo Help Desk
    Executive Agency for Competitiveness and Innovation

    Marco Polo Unit
    Ref.: Call for Proposals 2010
    Square Orban, 10 6/52
    B-1049 Brussels
    Tel: (32-2) 2950924
    Fax: (32-2) 2979506
    E-mail: eaci-marco-polo-helpdesk@ec.europa.eu


  • Páxina principal na Unión Europea 
  • Documento Oficial de publicación: DO C 66/14 do 17.3.2010