Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas 2010 conforme ao programa plurianual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) con vistas á concesión de subvencións para o período 2007-2013.
  • Descrición: Conforme ao programa plurianual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) para o período 2007-2013, a Dirección Xeral de Enerxía e Transportes da Comisión Europea convoca propostas con vistas á concesión de subvencións no seguinte campo:
    Campo Nº 12: Proxectos no campo da xestión do tráfico aéreo (ATM) e os Bloques Funcionais de Espazo Aéreo (FAB).


  • Obxectivos: A presente convocatoria de propostas ten por obxecto a aceleración da creación destes bloques funcionais, que representa unha medida clave para mellorar as normas de tráfico actuais de seguridade aérea, contribuír ao desenvolvemento sostible do sistema de transporte aéreo e mellorar o rendemento global de xestión do tráfico aéreo (ATM) e servizos de navegación aérea (ANS) en Europa.
  • Actividades: O financiamento da RTE-T apoiará os estudos, a aplicación de medidas de pre-implementación e o despregue dos Bloques Funcionais de Espazo Aéreo.

  • Financiamento: O importe máximo total dispoñible para as propostas seleccionadas é, para 2010, de 20 millóns EUR.
  • Beneficiarios: Un ou máis Estados membros ou, co acordo dos Estados membros interesados, organizacións internacionais ou empresas públicas ou privadas.

  • Prazo de presentación de solicitudes: O prazo desta convocatoria remata o 30 de abril de 2010.

  • Centro de información comunitario:


     

    TEN-T Executive Agency
    established by the European Commission

    Square Frère Orban 10
    B-1040 Brussels
    Belgium

    tent-agency@ec.europa.eu


  • Documento oficial de publicación:

    DO C 38/3 DO 16.2.2010