Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas conforme ao programa plurianual de traballo 2007 - 2013 para o ano 2010 da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T). Proxecto prioritario nº 21 - Autoestradas do mar (MoS).
  • Descrición e obxectivos: O obxectivo da rede RTE-T Autoestradas do Mar é promover a sustentabilidade en xeral e a seguridade do transporte, proporcionando unha alternativa ao conxestionado ou menos respectuoso co medio transporte terrestre. Tamén debe contribuír ao esforzo común fronte ao cambio climático. Así mesmo, débese reforzar a cohesión da UE, facilitando as conexións entre os Estados membros e entre as rexións europeas, e a reactivación das rexións periféricas.
    O tipo de proxectos propostos deben incluír os seguintes instrumentos ou unha combinación destes: proxectos de implementación, accións piloto ou estudos preparatorios para a implementación de fases posteriores dos proxectos.

  • Solicitantes: Polo menos dous Estados membros, ou ben un Estado membro xunto a unha organización internacional, empresa conxunta ou organización pública ou privada (co consentimento dos Estados implicados) ou por último, organizacións internacionais empresas conxuntas ou organizacións públicas ou privadas (co consentimento tamén dos estados implicados).

  • Financiamento: O importe máximo total dispoñible para as propostas seleccionadas é, para 2010, de 85 millóns EUR.

  • Prazo de presentación de solicitudes:  O prazo de presentación das propostas remata o 31 de agosto de 2010.
  • Lugar de presentación de solicitudes:  As solicitudes, que deberán cumprir cos requisitos que se detallan na correspondente guía do candidato, enviaranse ao seguinte enderezo:


     

    European Commission
    TEN-T Executive Agency
    OR10 - 03/46
    Calls 2010
    Avenue du Bourget, 1
    B-1140 Bruxelles
    Belgique

  • Centro de información comunitario:


    TEN-T Executive Agency
    established by the European Commission
    Square Frère Orban 10
    B-1040 Brussels
    Belgium
    tent-agency@ec.europa.eu


    Calquera outra cuestión relacionada con esta convocatoria poderá remitirse por correo electrónico ao tenea-helpdesk-call-map2010@ec.europa.eu


  • Documento oficial de publicación:

    DO C 129/15 do 19.5.2010