Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas conforme ao programa anual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) con vistas á concesión de subvencións para 2010
  • Descrición e obxectivos: A Dirección Xeral de Mobilidade e Transportes da Comisión Europea convoca propostas con vistas á concesión de subvencións a proxectos no campo da Rede Transeuropea de Transporte, atendendo ás prioridades e obxectivos establecidos respecto diso no programa anual de traballo para 2010:
    • Obxectivo 1: promover o desenvolvemento dun sistema de transportes integrado e respectuoso co medio.
    • Obxectivo 2: a aceleración e facilitación da execución de proxectos da RTE-T.
    • Obxectivo 3: aumentar a implicación do sector privado no desenvolvemento e financiamento de proxectos de infraestruturas de transportes apoiados pola UE, en particular mediante a aplicación das asociacións público-privadas


  • Solicitantes: Un ou varios estados membros, unha ou varias asociacións ou corpos público-privados, unha ou varias organizacións internacionais ou unha empresa conxunta. Todos eles co consentimento dos Estados directamente implicados polo proxecto.
  • Financiamento: O importe máximo total dispoñible para as propostas seleccionadas é, para 2010, de 77 millóns EUR.

  • Prazo de presentación de solicitudes:  O prazo de presentación das propostas remata o 31 de agosto de 2010.
  • Lugar de presentación de solicitudes:  As solicitudes, que deberán cumprir cos requisitos que se detallan na correspondente guía do candidato, enviaranse ao seguinte enderezo:


     

    European Commission
    TEN-T Executive Agency
    OR10 - 03/46
    Calls 2010
    Avenue du Bourget, 1
    B-1140 Bruxelles
    Belgique

  • Centro de información comunitario:


    TEN-T Executive Agency
    established by the European Commission
    Square Frère Orban 10
    B-1040 Brussels
    Belgium
    tent-agency@ec.europa.eu


    Calquera outra cuestión relacionada con esta convocatoria poderá remitirse por correo electrónico ao tenea-helpdesk-call-annual2010@ec.europa.eu


  • Documento oficial de publicación:

    DO C 129/14 do 19.5.2010