Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas para accións no campo da enerxía dentro do programa «Enerxía Intelixente para Europa»

  • Descrición: A través da presente convocatoria de propostas posta en marcha pola Axencia Executiva de Competitividade e Innovación (AECI), apoiaranse proxectos que poñan en práctica o concepto de “enerxía intelixente”.
  • Obxectivos:
    Estes proxectos cuxo obxectivo principal consistirá en asegurar unha enerxía competitiva e sustentable para Europa desenvolverán accións encamiñadas a:
    •incrementar a eficiencia enerxética e o uso racional das fontes de enerxía
    •promover novas fontes de enerxía renovables e apoiar a diversificación enerxética
    •promover a eficiencia enerxética e o uso de novas fontes de enerxía renovables no transporte.
  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación de calquera persoa xurídica, pública ou privada, establecida nun dos 27 Estados membros da UE, os tres países AELC/EEE ((Islandia, Liechtenstein e Noruega) e Croacia.
  • Financiamento: O orzamento total indicativo na presente convocatoria de propostas é de 67 milliones de euros. A subvención será de ata un 75% dos custos subvencionables totais (con excepción dos proxectos financiados pola acumulación iniciativa de habilidades).
  • Prazo: 8 de maio de 2012, ás 17:00 (hora local de Bruxelas).
    Excepción: As datas límite para a presentación á acumulación iniciativa de habilidades son:
    Pilar I: 9 de febrero de 2012, 17:00 (hora local de Bruxelas).
    Pilar II: 30 de abril de 2013, 17:00 (hora local de Bruxelas).
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos, de forma electronica.
  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a eaci-iee-enquiries@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 374/09 do 22.12.2011
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa "Enerxía Intelixente - Europa" dentro do Programa Marco para á Innovación e a Competitividade CIP (2007-2013)