-
Descrición:
A Dirección Xeral de Enerxía e Transporte da Comisión Europea convoca propostas con vistas á concesión de subvencións a proxectos no campo da Rede Transeuropea de Enerxía atendendo ás prioridades e obxectivos establecidos ao respecto no proxecto de programa de traballo anual para 2010.
-
Obxectivo:
Fomentar o bo funcionamento e desenvolvemento
do mercado interno, reforzar a seguridade das subministracións
e a diversificación dos provedores e rutas enerxéticas,
facilitar o desenvolvemento e reducir o illamento das rexións
menos favorecidas e contribuír ao desenvolvemento sostible
e a protección do medio natural,, entre outras cousas mediante
a participación das enerxías renovables.
Ademais, promoverase a interconexión, a interoperabilidade
e o desenvolvemento de redes transeuropeas de enerxía e
o acceso a elas,, de conformidade coa lexislación vixente na
UE.
-
Solicitantes: Estados membros, empresas públicas ou privadas e organizacións internacionais co consentimento do Estado ou Estados membros afectados polo proxecto.
As propostas de proxectos presentadas por persoas naturais, por terceiros países ou persoas físicas ou xurídicas establecidas fóra dos países da UE non poden ser beneficiarios dos fondos.
- Financiamento: O importe máximo dispoñible
para as propostas seleccionadas é, para 2009, de 20 760 000 EUR.
- Prazo de presentación de solicitudes
: 30.04.2010
-
Lugar de presentación
de solicitudes:
-
Por correo certificado:
|
Comisión Europea
Dirección Xeral de Enerxía e Transporte
(0/100 – Archives)
Rue De Mot, 28
B-1049 Bruxelas
Bélxica
|
-
Por servizo de mensaxería
ou en man:
Comisión Europea
Dirección Xeral de Enerxía
e Transporte– DM 28 –
0/110
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Bruxelas (Evere)
Bélxica
|
-
- Documento oficial de publicación:
DO C41/5 do 18.02.2010
|