Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, evitación de tráfico e de aprendizaxe en común dentro do segundo Programa Marco Polo

  • Descrición: O Libro Branco sobre a Política Europea de Transportes publicado en marzo pola Comisión Europea establece como un dos seus obxectivos principais optimizar o rendemento das cadeas loxísticas multimodais, mediante, entre outros, e un maior uso de sistemas de enerxía máis eficientes.
  • Obxectivos: O programa Marco Polo propón accións de apoio co obxectivo de reducir a conxestión viaria resultante do transporte de mercadorías, mellorar a actividade ambiental dos sistemas de transporte e promover o transporte intermodal, contribuíndo así a un sistema de transporte máis eficiente e sustentable que dará á UE un valor engadido sen ter un impacto negativo sobre a cohesión económica, social ou territorial.
  • Solicitantes: Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:

    - Organizacións sen ánimo de lucro
    - Organizacións non gobernamentais
    - Entidades públicas (todo tipo)
    - Pemes
    - Universidades
  • Financiamento: O orzamento dispoñible para a convocatoria 2011 é de 56.87 millións de euros.
  • Prazo: 16 de xaneiro de 2012.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío certificado, servizo de mensaxería ou para entregar en man
    EUROPEAN COMMISSION
    Executive Agency for Competitiveness and Innovation - EACI
    Ref.: Marco Polo II Programme – Call 2011
    Courrier Central
    avenue du Bourget 1
    BE-1140 Brussels


  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a eaci-marco-polo-helpdesk@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 309/09 do 21.10.2011
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Marco Polo II