| |
-
Descrición: Esta convocatoria
ten como obxectivo promover proxectos transnacionais cun alto valor europeo engadido
no campo da educación empresarial, con especial énfase no apoio
aos profesores. As accións dirixiranse a profesores e a mozos de educación
primaria, secundaria e terciaria. -
Obxectivos:
Lote 1: a) Crear modelos transeuropeos para profesores
de escolas primarias e secundarias para apoiar o desenvolvemento das súas
habilidades e métodos na aplicación de aprendizaxe empresarial ao
ensino de diferentes temas e en diferentes contextos. b) A creación,
organización e execución de talleres transeuropeos de formación/educación
dos profesores no espírito empresarial nas institucións de educación
superior (universidades, escolas, escolas de negocios, universidades de ciencias
aplicadas, etc.) Lote 2: Creación dunha plataforma europea
electrónica para profesores/educadores para fomentar o intercambio
transfronteirizo de boas prácticas, métodos e materiais de ensino
no campo da educación empresarial. Lote 3: Desenvolver e probar un
marco europeo común de ferramentas e indicadores para
avaliar a mentalidade empresarial, as actitudes e as habilidades adquiridas polos
estudantes na educación empresarial. -
Solicitantes:
Esta convocatoria está aberta á participación dos 27 Estados
membros da UE, os tres países AELC/EEE (Islandia, Liechtenstein e Noruega)
e Croacia e aos participantes do programa Competividade e Inovacción: Albania,
Israel e Serbia. -
Financiamento:
O orzamento máximo asignado para esta convocatoria de propostas é:
2450000 de EUR. Para o lote 1, non máis de 4 proxectos
serán apoiados. Para o Lote 2, non máis de 2 proxectos serán
apoiados. Para o Lote 3, non máis de 2 proxectos serán apoiados. -
Prazo: 16 de abril de
2012. -
Lugar de presentación
de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos
a: | Enderezo para
o envío postal ou por servizo de mensaxería European
Commission Enterprise and Industry Directorate-General Call for proposals
No: 28/G/ENT/CIP/12/E/N01C01 Directorate SMEs and Entrepreneurship —
Unit E.1 Entrepreneurship BREY 6/284 B-1049 Brussels, Belgium |
| Enderezo para a
entrega en man European Commission Service central de réception
du courrier Avenue du Bourget, 1-3 B-1140 Bruxelles, Belgique |
-
-
-
-
- Outros documentos relacionados
coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á
convocatoria: Programa
vinculado á convocatoria: Programa para a iniciativa empresarial e a innovación
(programa específico dentro do Programa marco para a innovación
e a competividade 2007-2013)
|