Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña.Axudas
Convocatoria de propostas- VP/2011/006: Acción preparatoria ”O teu primeiro traballo EURES”

  • Descrición:Un dos efectos da actual crise económica en Europa son as dificultades coas que se atopa a mocidade á hora de atopar emprego, á vista do descenso das oportunidades laborais para os mozos e mozas na metade dos Estados membros da UE.
    Con esta nova acción preparatoria preténdese mellorar a mobilidade laboral dos mozos e mozas en toda Europa, compaxinando as vacantes existentes nas empresas europeas e a procura de emprego dos mozos europeos.

    Pretende axudar aos mozos que buscan emprego a atopar traballo en calquera dos 27 Estados membros, e axudar ás empresas a atopar traballadores procedentes de calquera dos Estados membros para cubrir as súas vacantes.

    ”O teu primeiro traballo EURES” non se ocupará da mobilidade laboral como un fin en si mesmo, senón máis ben como un instrumento para impulsar o desenvolvemento económico e mellorar as taxas de emprego e a empregabilidade da mocidade traballadora.
  • Obxectivos:
    A presente convocatoria de propostas leva a cabo para a selección e financiamento dun máximo de catro entidades do sector público ou privado que presten servizos de emprego (de maneira independente ou en organizacións ou asociacións) dos Estados membros da UE para implementar a acción preparatoria ”O teu primeiro traballo EURES”.

    Esta acción preparatoria proporcionará asesoramento na procura de emprego por parte dos mozos e mozas no recrutamento polas empresas, dará apoio financeiro aos mozos demandantes de emprego e os que queiran cambiar de traballo de idades comprendidas entre 18 a 30 anos dispostos a traballar noutro Estado membro da UE e ás empresas (en particular a PEME) para a contratación de mozos traballadores europeos.
  • Solicitantes:Os destinatarios desta convocatoria son as entidades públicas, privadas ou do terceiro sector cuxa función principal sexa a prestación de servizos de emprego para todo tipo de traballadores e empresas de todos os sectores económicos, legalmente establecidas nalgún dos 27 Estados membros da UE, teñan ou non ánimo de lucro.
    Ademais deben ter unha dimensión significativa, é dicir, ter presenza internacional ou traballar en coordinación con outras entidades de servizos de emprego establecidas na UE, e poidan acreditar a súa capacidade de prestar estes servizos para a procura transnacional de emprego.

    As organizacións asociadas poderán ser do mesmo país ou de diferentes Estados membros, a condición de que poidan garantir unha oferta de servizos transnacionais. No caso dunha asociación de entidades, a solicitude deberá ser presentada por unha das organizacións individuais, que será a que asine o acordo de subvención coa Comisión Europea, a que a recibirá e xestionará e a que será responsable para a execución e presentación de informes á Comisión sobre o progreso da acción preparatoria.
  • Financiamento: A contribución financeira da UE non excederá do 95% do total dos custos elixibles das actividades propostas. A Comisión Europea ten previsto financiar un máximo de 4 proxectos, polo que o máximo para cada un será de 1.000.000 EUR. O orzamento total da convocatoria é de 4.000.000 EUR.
  • Prazo: 20 de outubro de 2011.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    European Commission Employment,
    Social Affairs and Inclusion DG
    Unit C.4-Employment Services, EURES – Call for proposals VP/2011/006
    Archives-Courier service J27 0/115
    B-1049 Brussels (Belgium)


    Prazo para a entrega en man (só ata as 16.00 horas do 20.10.2011)
    European Commission Employment, Social Affairs and Inclusion DG
    Unit C.4- Employment Services,
    EURES – Call for proposalsVP/2011/006
    Central Courier Service
    Avenue du Bourget, 1
    1140 Evere (Belgium)

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a empl-vp-2011-006@ec.europa.eu
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa