| |
- Descrición: Esta partida
orzamentaria destínase a cubrir bolsas para a promoción do diálogo
social interprofesional e sectorial da industria de conformidade
co artigo 154 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (antigo
art. 138 TCE). Esta convocatoria utilizarase para financiar as consultas,
reunións, negociacións e outras accións destinadas a lograr estes
obxectivos e promover as accións indicadas na Comunicación da Comisión
Europea sobre O diálogo social europeo, unha forza para a innovación
e o cambio (COM (2002) 341 final) e a Comunicación sobre a Asociación
para o cambio nunha Europa ampliada - Aumento da contribución do
diálogo social europeo (COM (2004) 557 final).
- Obxectivos: Os obxectivos
desta convocatoria son a aplicación de medidas relativas á modernización
do mercado de traballo, a calidade do traballo, a anticipación,
a preparación e xestión do cambio, a flexiguridade, a mobilidade
e a migración, o emprego xuvenil, as contribucións á saúde e a seguridade,
a estratexia, a conciliación da vida laboral e familiar, a igualdade
de xénero, a acción no ámbito da loita contra a discriminación,
o avellentamento activo, a inclusión activa e o traballo decente.
Sobre a base destes obxectivos, foron definidos dous sub-programas:
- Apoio ao diálogo social europeo.
- Mellora dos coñecementos no ámbito das relacións laborais.
- Orzamento: A dotación orzamentaria
prevista para esta convocatoria é de 14.150.000 euros.
- Accións que comecen entre o 16 de maio de 2010 e o
22 de decembro de 2010: importe indicativo previsto en
función da calidade das propostas presentadas: 6.050.000
euros.
- Accións que comecen entre o 31 de agosto de 2010 e
o 22 de decembro de 2010: importe indicativo previsto
en función da calidade das propostas presentadas: 8.100.000
euros.
- Prazo de presentación da solicitude:
Os prazos para a presentación das solicitudes e a data autorizada
de inicio das accións son as seguintes:
- 16 de marzo de 2010 para as accións que comecen entre
o 16 de maio de 2010 e o 22 de decembro de 2010.
- 31 de agosto de 2010 para as accións que comecen entre
o 31 de outubro de 2010 e o 22 de decembro de 2010.
- Lugar de presentación das solicitudes:
Por correo postal:
European Commission
Call for proposals VP/2010/001
Budget heading 04.03.03.01
European Commission - DG EMPL/F.1
J54 01/004
B - 1049 Brussels
Belgium
|
A solicitude deberá enviarse por correo certificado ou servizo de
mensaxaría expres, conservando o xustificante da data de envío (a
data do selo da oficina de correos ou do recibo da mensaxaría expres
será considerada como proba da data do envío).
Entrega en man:
|
Avenue du Bourget n° 1, B-1140 Evere, Belgium
|
- Centro
de información comunitario:
Os solicitantes poderán
expoñer as súas dúbidas escribindo aos seguintes puntos de contacto:
| empl-04-03-03-01@ec.europa.eu |
Para obter unha resposta máis rápida é recomendable enviar as consultas
en inglés, francés ou alemán.
| European Commission - DG EMPL/F1 DG Employment,
Social Affairs and Equal Opportunities J54 01/004 B - 1049 Brussels Belgium
|
|