Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas no marco do programa PROGRESS - Apoio a proxectos innovadores de mobilidade laboral na UE (VP/2010/010)

  • Descrición e obxectivos: A presente convocatoria de propostas ten por obxecto 2 ámbitos diferentes: a mobilidade dos traballadores e os servizos públicos de emprego de avaliación comparativa.

  • Beneficiarios: Os solicitantes deben ser persoas xurídicas legalmente constituídas e rexistradas nun dos Estados membros da Unión Europea ou nos países participantes no programa PROGRESS. Tamén poderán presentar propostas as organizacións sen ánimo de lucro que operen principalmente no ámbito da política de emprego, a calidade do traballo ou a inclusión social e que estean asociadas a unha autoridade pública nacional, rexional ou local, ou a unha axencia estatal ou semiestatal dun dos Estados membros da Unión Europea ou dos países participantes no programa PROGRESS.

  • Orzamento: O orzamento total aproximado para a presente convocatoria de propostas é de 1.200.000 euros.

  • Prazo de presentación das solicitudes: 14.09.2010

  • Lugar de presentación das solicitudes: As solicitudes deben ser enviadas a través dun formulario electrónico dispoñible no seguinte enderezo de internet:
     

    https://webgate.ec.europa.eu/swim/external/displayWelcome.do


    Unha vez cuberto o formulario, as solicitudes deben presentarse tanto por vía electrónica como en papel (un orixinal e dúas copias).

    Por correo postal:

     

    European Commission
    Employment, Social Affairs and Equal Opportunities DG
    Unit D3-Employment Services, Mobility - Call for proposals VP/2010/010
    Archives-Courier service J27 0/115
    B-1049 Brussels (Belgium)


     Entrega en man:

    European Commission
    Employment, Social Affairs and Equal Opportunities DG
    Unit D3-Employment Services, Mobility - Call for proposals VP/2010/010
    Central Courier Service
    Avenue du Bourget, 1
    1140 Evere (Belgium)



  • Centro de información comunitario: Os solicitantes poderán expor as súas dúbidas escribindo ao seguinte punto de contacto:
     

    empl-d3-unit@ec.europa.eu



  • Convocatoria ligada ao programa: Programa PROGRESS