Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas no marco do programa PROGRESS - Proxecto piloto - Condicións de vida e laborais dos traballadores desprazados (VP/2010/011)

  • Descrición e obxectivos: A presente convocatoria de propostas ten por obxecto conseguir un mellor coñecemento sobre o traballo e as condicións de vida dos traballadores desprazados, promover o intercambio de información e experiencias entre os participantes no seguimento das condicións laborais dos traballadores desprazados e promover a cooperación transnacional entre as partes interesadas e a difusión de boas prácticas.

  • Beneficiarios: Os solicitantes deben ser persoas xurídicas legalmente constituídas, con domicilio social nun dos Estados membros da Unión Europea. Como excepción a este requisito, tamén poden solicitar estas axudas os interlocutores sociais sen personalidade xurídica en virtude da lexislación nacional aplicable, sempre que os seus representantes legais teñan capacidade para contraer obrigacións xurídicas e asumir responsabilidade financeira.

  • Orzamento: O orzamento total aproximado para a presente convocatoria de propostas é de 850.000 euros.

  •  Prazo de presentación das solicitudes: A data límite para a presentación das solicitudes é o 18 de agosto de 2010 para as accións que comecen entre o 1 de novembro de 2010 e o 22 de decembro de 2010.
     
  • Lugar de presentación das solicitudes
  • As solicitudes débense enviar a través dun formulario electrónico dispoñible no seguinte enderezo de internet:

    https://webgate.ec.europa.eu/swim/external/displayWelcome.do

    Unha vez cuberto o formulario, as solicitudes deben presentarse tanto por vía electrónica como en papel (un orixinal e unha copia).

      Por correo postal:

    European Commission
    Call for proposals VP/2010/011
    Budget heading 040309
    European Commission - DG EMPL/F.2
    ARCHIVE Rue Joseph II ,54
    B 1049 Brussels Belgium

    Entrega en man:

    European Commission
    Avenue du Bourget n° 1, B-1140
    Evere, Belgium

     

  • Centro de información comunitario:

    Os solicitantes poderán expor as súas dúbidas escribindo ao seguinte punto de contacto:




+