Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas no marco do programa PROGRESS - Experimentación social (VP/2010/007)

  • Descrición e obxectivos: A presente convocatoria de propostas ten por obxecto promover a experimentación social como fonte de innovación nas políticas sociais que forman parte do método aberto de coordinación aplicado á protección e inclusión social. Os experimentos sociais están destinados a proporcionar respostas innovadoras ás necesidades sociais.

    Os proxectos seleccionados deben contribuír a desenvolver enfoques innovadores ás prioridades políticas da UE no contexto da inclusión social activa, a exclusión de vivenda e a pobreza infantil e a inclusión social dos inmigrantes.

  • Beneficiarios: Esta convocatoria está dirixida aos países participantes no programa PROGRESS, incluídos os países da AELC, os países candidatos e os candidatos potenciais.

    A proposta poderá ser presentada por organismos públicos, autoridades locais e rexionais, ONG, provedores de servizos, etc., debidamente constituídos e organizacións con personalidade xurídica.

  • Orzamento: O orzamento total aproximado para a presente convocatoria de propostas é de 2.500.000 euros.

  •  Prazo de presentación das solicitudes: 31.08.2010
     
  • Lugar de presentación das solicitudes
  • As solicitudes deben ser enviadas a través dun formulario electrónico dispoñible no seguinte enderezo de internet:

    https://webgate.ec.europa.eu/swim/external/displayWelcome.do

    Unha vez cuberto o formulario, as solicitudes deben presentarse tanto por vía electrónica como en papel.

      Por correo postal:

    European Commission
    J 27 DG EMPL/E2
    Call for proposals VP/2010/007
    B-1049 Bruxelles

    Entrega en man:

    European Commission
    J 27 DG EMPL/E2
    Call for proposals VP/2010/007
    Central Courier Service
    Avenue du Bourget, 1
    B-1140 Evere

     


+