Diputación de A Coruña Diputación de A Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Convocatorias comunitarias abertas Programas e iniciativas comunitarios O Euro Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano
castellano carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas no marco do Programa "A mocidade en Acción" - Acción 4.3 - "Sistemas de apoio á mocidade" - Apoio á mobilidade e os intercambios dos traballadores xuvenís (EACEA/15/10)

  • Descrición e obxectivos: A presente convocatoria de propostas ten por obxecto apoiar, con carácter experimental, a mobilidade e os intercambios dos traballadores xuvenís, co fin de promover a adquisición de novas capacidades e competencias que enriquezan o seu perfil como profesionais no ámbito da mocidade e que lles axuden a adaptarse mellor ao cambio nas necesidades dos mozos. Así mesmo, contribuirá ao desenvolvemento de capacidades e das estruturas implicadas. Desta maneira, a convocatoria contribuirá a cumprir a prioridade política que se concede ao apoio, o recoñecemento e a profesionalización do labor destes traballadores como ferramenta transversal no terreo da formulación de políticas en Europa.

  • Beneficiarios: Poderán presentar solicitudes as organizacións sen ánimo de lucro. Estas poderán ser organizacións non gobernamentais (ONG), entidades activas a nivel europeo no ámbito da mocidade (ONGE) que teñan organizacións membro en, polo menos, 8 países do programa "A mocidade en acción" e os organismos públicos rexionais ou locais.

  • Orzamento: O orzamento total asignado ao cofinanciamento dos proxectos no marco da presente convocatoria de propostas estímase en 600.000 euros.

  • Prazo de presentación das solicitudes: 22.10.2010

  • Lugar de presentación das solicitudes: As solicitudes deberán enviarse ao seguinte enderezo:
     

    Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural
    Programa "A mocidade en acción" - EACEA/15/10
    BOUR 4/029
    Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
    1140 Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIËES



  • Centro de información comunitario:
     

    youthcallforproposals@ec.europa.eu


  • Documento oficial de publicación: DO C 155/10 do 15.06.2010

  • Guía do candidato

  • Convocatoria ligada ao programa: "Mocidade en acción"