Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas — EACEA/13/11 - Programa «Xuventude en acción» Acción 4.6 — «Sistemas de apoio á xuventude » — Asociacións

  • Descrición: Coa presente convocatoria de propostas preténdese apoiar as asociacións con rexións, municipios, axentes da sociedade civil e organismos activos no ámbito da responsabilidade social corporativa, co fin de desenvolver a longo prazo proxectos que combinen diversas medidas do programa «Xuventude en acción»
  • Obxectivos:
    Este mecanismo ten por obxectivo o fomento das sinerxías e a cooperación entre a Comisión Europea (a través da Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural), e os diversos axentes que traballan no ámbito da xuventude , mediante a posta en común de recursos e prácticas con vistas á optimización do efecto do programa e á extensión do seu alcance a un maior número de beneficiarios.
    Os obxectivos específicos de tales asociacións son:
    — promover a participación de rexións, municipios, axentes da sociedade civil e organismos activos no ámbito da responsabilidade social corporativa nas actividades europeas relacionadas coa xuventude e a educación non formal,
    — contribuír ao reforzo da súa capacidade como entidades activas no ámbito da xuventude, no que atinxe á prestación de oportunidades de educación non formal aos mozos e ás persoas que traballan con eles,
    — fomentar o desenvolvemento de redes sustentables, o intercambio de boas prácticas, e o recoñecemento da educación non formal.
  • Solicitantes: As propostas deberán ser presentadas por:
    — organismos públicos de ámbito rexional ou local,
    — entidades sen ánimo de lucro activas a escala europea no ámbito da xuventude (ONGE) que teñan organizacións membros en polo menos 8 países do programa «Xuventude en acción»,
    — empresas e outras entidades con ánimo de lucro activas no ámbito da responsabilidade social corporativa a favor da mocidade.

    Os países do Programa son:
    — os Estados membros da Unión Europea: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, República Eslovaca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía, Suecia, Reino Unido,
    — os países membros da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC): Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza,
    — os países candidatos que conten cunha estratexia de preadhesión, conforme os principios xerais e as condicións e modalidades xerais establecidas nos acordos marco subscritos con estes países para a súa participación nos programas da UE: Croacia e Turquía.
  • Financiamento: O orzamento total asignado ao cofinanciamento de proxectos seleccionados no marco da presente convocatoria de propostas estímase en 2 300 000 EUR. A subvención máxima asignada a cada proxecto non excederá de 100 000 EUR. A axuda financeira da Axencia non se outorgará para cubrir máis do 50 % dos gastos subvencionables totais dun proxecto.
  • Prazo: 03 de novembro de 2011.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural
    Programa «Xuventude en Acción» — EACEA/13/11
    BOUR 4/029
    Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
    1140 Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIË

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a eacea-p6@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 221/21 do 27.07.2011
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa: "A xuventude en acción" (2007-2013)