| |
- Base legal: Decisión nº 1904/2006/CE
do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, pola que se establece
o programa Europa cos cidadáns para o período 2007-2013 coa fin de promover
a cidadanía europea activa DO
L 378/32 do 27.12.2006
- Período
de vixencia: 01.01.2007 - 31.12.2013
- Descrición:
A Comisión Europea, o Parlamento e o Consello da Unión Europea acordaron crear
o programa " Europa cos cidadáns", que supón o marco legal para respaldo
unha serie de actividades e organizacións que promoven " a cuidadanía europea
activa", é dicir, a participación dos cidadáns e organizacións da sociedade civil
no proceso de integración europea.
- Obxectivos:
O programa contribuirá á consecución dos seguintes obxectivos xerais:
- brindarlles aos cidadáns a oportunidade de interactuar e participar na construción
dunha Europa cada vez máis próxima, que sexa democrática e aberta ao mundo, unida
e enriquecida pola súa diversidade cultural, desenvolvendo así a cidadanía da
Unión Europea;
- desenvolver un sentimento de identidade europea, baseada
nuns valores, unha historia e culturas comúns;
- fomentar o sentido de
pertenza á Unión Europea entre os seus cidadáns;
- mellorar a tolerancia
e a comprensión mutua entre os cidadáns europeos, respectando e fomentando a diversidade
cultural e lingüística, e contribuíndo ao diálogo intercultural.
- Accións
previstas : Procurarase a consecución dos obxectivos do programa mediante
o apoio ás seguintes accións:
- ACCIÓN 1: Cidadáns activos
con Europa: Esta acción constitúe a parte do programa dirixida especificamente
a actividades con participación dos cidadáns. As devanditas actividades enmárcanse
en dous tipos de medidas:
- Irmandades de cidades
- Proxectos de
cidadáns e medidas de apoio
- ACCIÓN 2: Unha sociedade
civil activa en Europa: dirixida a organizacións da sociedade civil mediante:
- Apoio estrutural ás organizacións europeas de investigación sobre política
pública (foros de reflexión)
- Apoio estrutural a organizacións da sociedade
civil a escala europea
- Apoio a proxectos iniciados por organizacións da
sociedade civil
- ACCIÓN 3: Xuntos con Europa:
que inclúe:
- Actos de gran visibilidade
- Estudos
- Ferramentas
de información e difusión
- ACCIÓN 4: Memoria histórica
activa de Europa: que apoia actividades co obxectivo de conservar os lugares
principais e os arquivos relacionados coas deportaciones e a conmemoración das
víctimas.
- Condicións
de accesibilidade: O programa estará aberto a todas as partes interesadas
que promovan activamente a cidadanía europea, especialmente as autoridades e organizacións
locais, as organizacións europeas de investigación sobre política pública (foros
de reflexión), os grupos de cidadáns e outras organizacións da sociedade civil.
- Beneficiarios: O programa estará
aberto á participación dos Estados membros, os países da AELC signatarios do Acordo
EEE, os países candidatos beneficiarios dunha estratexia de preadhesión, e os
países dos Balcáns occidentais.
- Financiamento:
215 millóns de euros.
- Centro
de información comunitario:
EACEA - Education, Audiovisual and Culture
Executive Agency Unit P7 - Citizenship BOUR 00/13 BE-1049 Brussels
Tel.: +32 (0)2.299.11. Fax: +32 (0) 2.296.23.89 E-mail: eacea-p7@ec.europa.eu
Website
|
- Centro de información nacional:
- Páxina
principal na Unión Europea
- Convocatorias
anteriores:
|