Europe Direct A Coruña. Axudas
Convocatoria: Europa coa cidadanía - Irmandade de cidades

  • Ámbitos de actuación:
    • Irmandades de cidades
    • Proxectos de ciudadáns e medidas de apoio
  • Beneficiarios:
    • O programa estará aberto a todas as partes interesadas que promovan activamente a cidadanía europea, especialmente as autoridades e organizacións locais, as organizacións europeas de investigación sobre política pública (foros de reflexión), os grupos de cidadáns e outras organizacións da sociedade civil.
    • O programa poderá incluír actividades conxuntas e innovadoras no ámbito da cidadanía europea activa, levadas a cabo coas organizacións internacionais pertinentes, como o Consello de Europa ou a UNESCO, a partir de contribucións conxuntas e de conformidade co disposto no Regulamento financeiro e nas diversas normas de cada institución ou organización.
    • O programa estará aberto á participación dos países que se citan a seguir:
      • os Estados membros;
      • os países da AELC signatarios do Acordo EEE, de conformidade coas disposicións do devandito acordo;
      • os países candidatos beneficiarios dunha estratexia de preadhesión, conforme aos principios xerais e ás condicións xerais establecidas nos acordos marco celebrados con estes países para a súa participación en programas comunitarios;
      • os países dos Balcáns occidentais, de acordo coas disposicións que se establezan con estes países de acordo cos acordos marco sobre os principios xerais que rexen a súa participación nos programas comunitarios .
  • Financiamento: 251 000 000 €
  • Prazo de presentación de solicitudes
    • 1 de setembro de 2007 para actividades a realizar entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo de 2008.
    • 1 de decembro de 2007 para actividades a realizar entre o 1 de abril de 2008 e o 31 de marzo de 2009.
  • Centros de información comunitarios:

    EACEA - Unit P7 Citizenship Support to town-twinning
    Avenue du Bourget, 1 (BOUR 00/13)
    B-1140
    Brussels - Belgium
    Fax:+32 2 296 23 89
    Email : eacea-p7@ec.europa.eu
    Página web: eacea.ec.europa.eu/citizenship/index.htm