Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
Versión para imprimir

Programa: "Europa cos cidadáns 2007-2013"
 
  • Obxectivos: O programa “Europa cos cidadáns” para o período 2007-2013 contribúe á promoción á cidadanía europea activa. A Comunidade apoia cada ano distintos tipos de accións, agrupadas en catro grandes áreas :

    - «Cidadáns activos con Europa», (Irmandades de cidades e proxectos de cidadáns e medidas de apoio);

    - «Sociedade civil activa en Europa», (apoio estrutural ás organizacións europeas de investigación sobre política pública -foros de reflexión-, apoio estrutural a organizacións da sociedade civil a escala europea e apoio a proxectos iniciados por organizacións da sociedade civil),

    - «Xuntos con Europa» (actos de gran visibilidade, tales como conmemoracións, premios, actos artísticos, conferencias a escala europea, etc.; ademais de estudos, enquisas e sondaxes de opinión e ferramentas de información e difusión) e

    - “Memoria histórica activa de Europa”.

    O programa ten como obxectivos:

    a) brindar aos cidadáns a oportunidade de interactuar e participar na construción dunha Europa cada vez máis próxima, que sexa democrática e aberta ao mundo, unida e enriquecida pola súa diversidade cultural, desenvolvendo así a cidadanía da Unión Europea;

    b) desenvolver un sentimento de identidade europea, baseada nuns valores, unha historia e culturas comúns;

    c) fomentar o sentido de pertenza á Unión Europea entre os seus cidadáns;

    d) mellorar a tolerancia e a comprensión mutua entre os cidadáns europeos, respectando e fomentando a diversidade cultural e lingüística, e contribuíndo ao diálogo intercultural.

  • Condicións de accesibilidade:  O programa xeral estará aberto á participación dos países que se citan a seguir:

    - Os Estados membros;

    - os países da AELC signatarios do Acordo EEE, de conformidade coas disposicións do devandito acordo;

    - os países candidatos beneficiarios dunha estratexia de preadhesión, conforme aos principios xerais e ás condicións xerais establecidos nos acordos marco celebrados con estes países para a súa participación en programas comunitarios;

    - os países dos Balcáns occidentais, de acordo coas disposicións que se establezan con estes países conforme aos acordos marco sobre os principios xerais que rexen a súa participación nos programas comunitarios;

    - Os seguintes países participan entretanto no programa e, polo tanto, poderán ser elixibles con respecto a todas as accións do programa, sen restrición ningunha: Croacia.

    A convocatoria de proposta do ano 2009 estará aberto á participación dos países que se citan a continuación:
    - Os Estados membros;
    - Croacia;
    - Albania;
    - Antiga República Yugoslava de Macedonia.

  • Beneficiarios: O programa está aberto a todos os interesados que promovan a cidadanía europea activa. Por exemplo:

    - autoridades locais e organizacións,

    - organizacións de investigación sobre política pública europea (foros de reflexión),

    - grupos de cidadáns,

    - organizacións da sociedade civil,

    - organizacións non gobernamentais,

    - sindicatos,

    - institucións educativas,

    - organizacións activas no ámbito do voluntariado,

    - organizacións activas no ámbito do deporte seareiro, etc.

    Non obstante, algunhas accións do programa diríxense a un abano máis limitado de organizacións. Polo tanto, a elixibilidade de organizacións solicitantes defínese na guía especificamente para cada medida/submedida.

  • Financiamento: 215 millóns de euros para financiar as 4 accións do programa.
    Desglose xeral:
    Acción 1: 45%
    Acción 2: 31%
    Acción 3: 10%
    Acción 4: 4%

  • Prazo de presentación de solicitudes:
     Datas límite para presentación de solicitudes:

    A) Acción 1 "Cidadáns activos con Europa" :
    Medida 1.1 Encontros de cidadáns no marco del irmandamento de ciudades:


    - 15 de Febreiro 2010
    para actividades a realizar entre o 1 de xuño do 2010 e o 28 de febreiro do 2011.
    - 1 de Xuño de 2010
    para actividades a realizar entre o 1 de setembro do 2010 (soamente para o añ ou 2010, para os añ vos posteriores será no mes de Outubro) e o 30 de xuño do 2011.
    - 1 de Setembro de 2010
    para actividades a realizar entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 30 de setembro do 2011.

    A dotación orzamentaria para esta medida en o añ ou 2010: é de 7.000.000 Eur.
    No proxecto han de participar municipios de polo menos 2 países participantes, polo menos un deberá ser dun Estado mienbro da UE. O proxecto deberá ter un minimo de 25 particpantes internacionais procedentes dos municipios convidados, con al menos 5 participantes de cada un deses participantes. A duracion máxima do encontro serán polo menos de 21 días. Lle concederá unha subvención máxima de 22.000 por proxecto, aínda que podrá ampliarse a 40.000 €ur por proxecto se participan polo menos 10 cidades. A subvención mínima é de 2.500 Eur.
    A subvención esta destinada a confinaciar os gastos da cidade anfitroa e os gastos de viaxe dos participantes convidados.

    Medida 1.2 Creación de redes tematicas entre cidades irmandadas:


    - 15 de Febreiro do 2010. Para actividades a realizar entre o 1 de xuño do 2010 e o 30 de setembro do 2010
    - 1 de Setembro do 2010. Para actividades a realizar entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 30 de maio do 2011.

    A dotación orzamentaria para esta medida no ano 2010: é de 5.165.000 Eur.
    O proxecto deberá contar con polo menos tres eventos. Deberan intervir municipios de polo menos 4 países participantes sendo polo menos un deles un país da UE. Tendra polo menos 30 particiapantes internacionais procedentes dos municipios convidados. A duración máxima do proxecto será de 24 meses; e a duracion máxima de cada evento será de 21 días. A cantidade máxima subvencionable para un proxecto no marco desta medida de 150.000 Eur. A cantidade mí nima será de 10.000 Eur.

    Medida 2.1 Proxectos de cidadáns:
    1 de Xuño do 2010.
    Para actividades a realizar entre Decembro do 2010 e o 28 de Febreiro do 2011.

    A dotación orzamentaria para esta medida no ano 2010: é de 1.500.000 Eur.
    Neste tipo de proxecto teñen que intervir como mínimo cinco participantes, polo menos un ten que ser dun país da UE. Teñen que incluír como mínimo 200 participantes. A duración máxima do proxecto ten que ser de 12 meses.
    A subvención mínima ten que ser de 100.000 Eur e a máxima será de 250.000 Eur.

    Medida 2.2 Medidas de apoio:
    1 de Xuño do 2010.
    Para actividades a realizar entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 31 de marzo do 2011

    A dotación orzamentaria
    para esta medida no ano 2010: é de 1.535.000 Eur.
    No proxecto ten que intervir como mínimo dous países, polo menos un deles ten que ser Estado Membro na UE. A duración maxima será de 12 meses, tendo que programarse polo menos eventos por proxecto. A subvención minima sera de 30.000 Eur e a máxima sera de 100.000 Eur.

    B) Acción 2 " Sociedade civil activa en Europa"
    Medida 1
    Apoio estrutural a foros de reflexión
    15 de Outubro do 2009. Exercicio 2009

    Medida 2
    Apoio estrutural a organizacións da sociedade civil a escala europea.
    15 de Outubro do 2009. Exercicio 2009

    Medida 3 Apoio a proxectos iniciados polas organizacións da sociedade civil.
    15 de Febreiro do 2010.
    Para actividades a realizar entre o 1 de agosto e o 31 de decembro do 2010

    A dotación orzamentaria para esta medida no ano 2010: é de 3.400.000 Eur. No proxecto teñen que intervir polo menos dous países do cales un ten que ser de 1 estado da UE. A duració n má xima sera e un 12 meses. A subvención máxima será de 55.000Eur. As solicitudes inferiores a 10.000Eur non serán subvencionables.

    C) Acción 3. Xuntos con Europa.

    D) Acción 4. Memoria histó rica activa de Europa.
    30 de Abril do 2010.
    Proxectos a realizar entre o 1 de outubro de 2010 e o 31 de decembro de 2010.

    A dotación orzamentaria será de 1.800.000 Eur.
    A duración máxima será de 12 meses.
    A subvención máxima será de 55.000Eur. As solicitudes inferiores a 10.000 Eur no serán subvencionables.


  • Centros de información comunitarios:

    EACEA - Unit P7 Citizenship
    Support to town-twinning
    Avenue du Bourget, 1 (BOUR 00/13)
    B-1140 Brussels - Belgium
    Fax:+32 2 296 23 89
    Correo e.: eacea-p7@ec.europa.eu
    Páxina web: eacea.ec.europa.eu/citizenship/index.htm


  • Centros de información comunitarios en España:

  • Ministerio de Cultura.
    Punto Europeo de Cidadanía (PEC)

    Secretaría Xeral Técnica Subdirección Xeral de Cooperación Cultural coas CCAA Ministerio de Cultura
    Plaza del Rey, n.º 1
    28004 MADRID
    Telf.: 91 701 74 66
    Fax: 91 701 72 19
    Correo electrónico: pec.cultura@mcu.es

     

  • Guía informativa e formulario de solicitude: O texto completo da convocatoria de propostas e os formularios de solicitude están dispoñibles no sitio web.

  • Documento de publicación: : DOUE C 322/19 do 30.12.2009

  • Convocatoria ligada aos programas: Europa cos cidadáns