| |
-
Descrición: A presente convocatoria de propostas está baseada na Decisión nº 1298/2008/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 16 de decembro de 2008, pola que se establece o programa de acción Erasmus Mundus para o período 2009 a 2013. O obxectivo global do programa Erasmus Mundus é fomentar a educación superior europea, contribuír a mellorar e potenciar as perspectivas profesionais dos estudantes e favorecer a comprensión intercultural mediante a cooperación con terceiros países, de acordo cos obxectivos da UE en materia de política exterior, a fin de contribuír ao desenvolvemento sustentable de terceiros países no ámbito da educación superior.
-
Obxectivos:
O programa ten os seguintes obxectivos específicos:
— fomentar a cooperación estruturada entre as institucións de educación superior e ofrecer unha educación superior de mellor calidade cun claro valor engadido europeo,
—contribuír ao enriquecemento mutuo das sociedades desenvolvendo as cualificaciones de homes e mulleres para que posúan as competencias adecuadas, sobre todo no que se refire ao mercado laboral, e para que teñan unha actitude aberta e adquiran experiencia internacional mediante a promoción da mobilidade dos estudantes e profesores de maior talento procedentes de terceiros países para que obteñan cualificaciones ou experiencia na Unión Europea, así como a mobilidade dos estudantes e profesores europeos de maior talento cara a terceiros países,
— contribuír ao desenvolvemento dos recursos humanos e á capacidade de cooperación internacional das institucións de educación superior en terceiros países mediante o aumento das correntes de mobilidade entre a Unión Europea e terceiros países,
— mellorar a accesibilidade e dar máis relevo e visibilidade á educación superior europea por todo o mundo, así como facela máis atractiva para os cidadáns de terceiros países e da Unión.
-
Solicitantes:O Programa está aberto á participación dos países seguintes:
a) os Estados membros da UE;
b) os Estados da AELC que sexan membros do EEE, de conformidade co disposto no Acordo EEE (Islandia, Liechtenstein e Noruega);
c) os países candidatos beneficiarios dunha estratexia de preadhesión
d) terceiros países
-
Accións previas:
ACCIÓN 1: Programas Conxuntos.
Acción 1A: Cursos de Máster Erasmus Mundus (EMMC).
Acción 1B: Doutoramentos Conxuntos Erasmus Mundus (DCEM).
ACCIÓN 2: Acordos de colaboración.
Acción 2 Erasmus Mundus - MODALIDADE 1: Acordos de colaboración con países cubertos polos instrumentos IEVA, ICD, FED e IPA (antiga Xanela de Cooperación Exterior).
Acción 2 Erasmus Mundus - MODALIDADE 2: Acordos de colaboración con países e territorios cubertos polos Instrumentos dos Países Industrializados (ICI).
ACCIÓN 3: Fomento da educación superior europea.
-
Financiamento: O orzamento total orientativo na presente convocatoria de propostas é de 172,14 milliones de EUR.
Acción 1: Ningun impacto orzamentario directo en 2012.
Acción 2: Modalidade 1: 169,440 milliones de EUR.
Acción 2: Modalidade 2: 1,2 milliones de EUR.
Acción 3: 1,5 milliones de EUR.
-
Prazo: 30 de abril
de 2012 (12:00 hora local de Bruxelas).
-
Lugar de presentación de
solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:
|
Acción 1:
A Axencia Executiva ha establecido que os solicitantes deben enviar as súas solicitudes por medio do formulario electrónico dispoñible a partir de febreiro de 2012. |
Dirección para o correo certificado (Acción 2):
Agencia Ejecutiva en el Ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural
Convocatoria de propuestas EACEA/42/11 — Acción 2
Atención: Sr. Joachim FRONIA
BOUR 02/029
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1040 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIËES |
Dirección para o correo certificado (Acción 3):
Agencia Ejecutiva en el Ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural
Convocatoria de propuestas EACEA/42/11 — Acción 3
Atención: Sr. Joachim FRONIA
BOUR 02/029
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1040 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË |
-
-
-
-
Documento oficial de publicación:
DO C 381/03 de 30.12.2011
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á convocatoria: Programa: Erasmus Mundus (2009-2013)
|