Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
  
 

ED. Axudas
EACEA/29/09 para a execución do programa ERASMUS MUNDUS II


  • Descrición:

    O obxectivo global do programa Erasmus Mundus é fomentar a educación superior europea, contribuír a mellorar e potenciar as perspectivas profesionais dos estudantes e favorecer a comprensión intercultural mediante a cooperación con terceiros países, de acordo cos obxectivos da UE en materia de política exterior, coa fin de contribuír ao desenvolvemento sostible de terceiros países no ámbito da educación superior.
  • Obxectivos:

    • Fomentar a cooperación estruturada entre as institucións de educación superior e ofrecer unha educación superior de mellor calidade cun claro valor engadido europeo, que resulte atractiva tanto dentro da Unión Europea como máis alá das súas fronteiras, con vistas a crear centros de excelencia,
    • Contribuír ao enriquecemento mutuo das sociedades desenvolvendo as cualificacións de homes e mulleres para que posúan as competencias axeitadas, sobre todo canto ao mercado laboral, para que teñan unha actitude aberta e para que adquiran experiencia internacional promovendo a mobilidade dos estudantes e profesores de maior talento procedentes de terceiros países para que obteñan cualificacións ou experiencia na Unión Europea, así como a mobilidade dos estudantes e profesores europeos de maior talento cara a terceiros países.
    • Contribuír ao desenvolvemento dos recursos humanos e á capacidade de cooperación internacional das institucións de educación superior en terceiros países mediante o aumento das correntes de mobilidade entre a Unión Europea e terceiros países; mellorar a accesibilidade e dar máis relevo e visibilidade á educación superior europea no mundo, así como facela máis atractiva para os cidadáns de terceiros países e da Unión
  • Accións:

    Acción 1; PROGRAMAS CONXUNTOS

    Esta acción, que ten por obxecto fomentar a cooperación entre as institucións de educación superior e o persoal académico de Europa e de terceiros países con vistas a crear polos de excelencia e achegar recursos humanos cun elevado grao de formación, compónse de dúas sub-accións.

    • Acción 1A: Cursos de Mestrado Eramus Mundus (EMMC), e
    • Acción 1B: Doctorados Conxuntos Erasmus Mundus (DCEM)

Acción 2; ACORDOS DE COLABORACIÓN

A Acción 2 (Acordos de colaboración Erasmus Mundus — EMA2) divídese en dúas modalidades:

  1. Acordos de colaboración con países cubertos polos instrumentos IEVA, ICD, FED e IPA ( 1) (antiga Ventá de Cooperación Exterior),
  2. Acordos de colaboración con países e territorios cubertos polos Instrumentos dos Países Industrializados (ICI).

Acción 3; FOMENTO DA EDUCACIÓN SUPERIOR EUROPEA

Esta acción ten por obxecto fomentar a educación superior europea mediante medidas que melloran o atractivo, o peso, a imaxe, a visibilidade e a accesibilidade da educación superior europea no mundo, e presta apoio a iniciativas transnacionais, estudos, proxectos, actos e outras actividades relacionadas coa dimensión internacional de todos os aspectos da educación superior, como a promoción, a accesibilidade, a garantía da calidade, o recoñecemento de créditos, o recoñecemento das cualificacións europeas no estranxeiro e o recoñecemento mutuo das cualificacións con terceiros países, o desenvolvemento de currículos, a mobilidade, a calidade dos servizos, etc. As actividades contempladas na Acción 3 poden adoptar diversas formas (conferencias, seminarios, talleres, estudos, análise, proxectos piloto, premios, redes internacionais, produción de material publicable, desenvolvemento de ferramentas informativas, comunicativas e tecnolóxicas) e poden ter lugar en calquera parte do mundo.

  • Orzamento:

    A Acción 1 non implica ningún impacto orzamentario directo en 2010. O seu obxectivo é seleccionar

    • para a Acción 1A: polo menos 15 novas propostas e ata 21 propostas de renovación
    • para a Acción 1B: 12 novas propostas

A Acción 2 ten unha contía global dispoñible de aproximadamente 105,2 millóns de EUR, destinados a unha corrente mínima de mobilidade de 3 881 persoas.

A Acción 3 ten previsto seleccionar arredor de 5 proxectos. O orzamento total destinado ó cofinanciamento de proxectos ascende a 1 millón de EUR. As contías das subvencións variarán considerablemente en función da envergadura dos proxectos seleccionados (normalmente entre 100 000 e 350 000 EUR). A contribución financeira da Axencia non pode superar o 75 % dos custos subvencionables totais.

  • Prazo de presentación de solicitudes: 30.04.2010

  • Lugar de presentación de solicitudes:

    Para a presente convocatoria de propostas, os solicitantes deben enviar as súas solicitudes por medio do formulario electrónico dispoñible a partir de febreiro de 2010 (publicarase un modelo de formulario electrónico no sitio web da Axencia en decembro de 2009).

    Ademais, debe enviarse por correo unha copia en papel da solicitude completa ao enderezo seguinte dentro do prazo de presentación:

Axencia executiva no ámbito educativo, audiovisual e cultural

Convocatoria de propostas EACEA/29/09 (indicar a Acción)

Atención: Sr. Joachim Fronia BOUR 02/29 Avenue du Bourget 1 B-1040 Bruxelas - Bélxica

  • Centro de información comunitario: EACEA