Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas - Acción preparatoria no ámbito do deporte (EAC 22/10)

  • Descrición e obxectivos: A presente convocatoria de propostas é o instrumento de aplicación da acción preparatoria no ámbito do deporte conforme a Decisión da Comisión pola que se aproba o programa de traballo anual 2010 sobre subvencións e contratos para a acción preparatoria no ámbito do deporte e para os acontecementos anuais especiais.

    O principal obxectivo da acción preparatoria no ámbito do deporte é preparar accións futuras da UE neste ámbito, sobre a base das prioridades establecidas no Libro Branco sobre o Deporte.

  • Ámbitos de actuación: A presente convocatoria de propostas está dirixida a apoiar proxectos transnacionais propostos por organismos públicos e organizacións da sociedade civil que teñan por obxecto identificar e pór a proba redes adecuadas e boas prácticas no ámbito do deporte nas seguintes áreas:
    • Loitar contra a dopaxe.
    • Fomentar a inclusión social no deporte e a través do deporte.
    • Promover o voluntariado no deporte.

  • Beneficiarios: Só se admitirán candidaturas de organismos públicos e organizacións da sociedade civil.

    Os candidatos deberán ter personalidade xurídica e ter o seu domicilio social nun dos Estados membros da UE.

    As persoas físicas non poderán presentar candidaturas no marco da presente convocatoria de propostas.

  • Orzamento: O orzamento dispoñible para esta convocatoria de propostas é de 2.500.000 euros.

    A UE cofinanciará como máximo un 80% dos custos totais admisibles.

  •  Prazo de presentación das solicitudes: A data límite para a presentación das solicitudes é o 31 de agosto de 2010.
     
  • Lugar de presentación das solicitudes: As solicitudes deberán enviarse ao seguinte enderezo:


    Comisión Europea
    Dirección Xeral de Educación e Cultura - Unidade D3
    MADO 20/73
    1049 Bruxelas
    Bélxica




+