| |
-
Obxectivos: O programa "Europa cos
cidadáns" ten os seguintes obxectivos específicos: -
reunir a persoas de municipios de toda Europa para compartir e intercambiar
experiencias, opinións e valores, aprender da historia e construír
o futuro, - promover a acción, o debate e a reflexión
relacionados coa cidadanía e a democracia europeas, os valores compartidos
e a historia e a cultura comúns mediante a cooperación
dentro das organizacións da sociedade civil en Europa, - achegar
en maior medida Europa aos seus cidadáns, promovendo os valores
e os logros europeos e conservando a memoria do seu pasado, -
impulsar a interacción entre os cidadáns e as organizacións
da sociedade civil de todos os países participantes, contribuíndo
ao diálogo intercultural, así como prestando especial atención
ás actividades destinadas a establecer lazos máis estreitos entre
os cidadáns dos Estados membros da Unión Europea. -
Solicitantes: O programa está aberto
a todos os promotores establecidos nun dos países participantes do programa
e que sexan: - un ente público, ou
- unha organización
sen ánimo de lucro con personalidade xurídica. -
Actividades subvencionables:
ACCIÓN 1: Cidadáns activos con Europa: Medida 1 : Irmandade
de cidades. Medida 1.1: Encontros de cidadáns no marco do irmandade
de cidades (subvención a proxectos).
Medida 1.2: Creación de
redes temáticas entre cidades irmandadas (subvención a proxectos).
Medida 2 : «Proxectos de cidadáns» e «Medidas
de apoio». Medida 2.1: Proxectos de cidadáns (subvención
a proxectos). Medida 2.2: Medidas de apoio (subvención a proxectos). ACCIÓN 2: Unha sociedade civil activa en Europa.
Medidas 1 e 2: Apoio estrutural para organizacións europeas de investigación
sobre política pública e para organizacións da sociedade
civil a escala europea (subvencións operativas). Medida 3 : Apoio
a proxectos iniciados por organizacións da sociedade civil (subvención
a proxectos). ACCIÓN 4: Memoria histórica activa
de Europa (subvención a proxectos). -
Financiamento: Acción 1. Medida
1.1: 6.107.000 EUR Acción 1. Medida 1.2: 4.528.000
EUR Acción 1. Medida 2.1: 1.308.000 EUR
Acción 1. Medida 2.2: 805.000 EUR Acción
2. Medida 3: 2.807.000 EUR Acción 4: 2.414.000
EUR -
Prazo: consultar convocatoria.
-
Lugar de presentación de solicitudes:
As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:
| EACEA Unit P7 Citizenship
Applications Applications – ‘‘Measure XXX’ ’
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1 (BOUR 01/04A) 1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË | Non se aceptarán para
o seu posterior exame as solicitudes impresas enviadas por correo, nin as presentadas
por fax ou directamente por correo electrónico. -
-
- Punto Europeo de ciudadanía
-
-
Documento
oficial de publicación: DO
C 364/08 do 14.12.2011
- Páxina principal
no servidor Europa
- Programa vinculado á convocatoria:
"Europa
coa cidadanía"
|